 |
noticiasgalicia.-
Galicia, como rexión que naceu, medrou e que se sigue a desenvolver
vencellada ao mar e a o seu entorno, non deixou que pasara
a oportunidade para aportar as súas inquedanzas e suxerencias
á Comisión.
Europea respecto do Libro Verde de Política Marírtima. Neste
senso, se celebrou o pasado ano, na cidade de Vigo, un debate
multidisciplinar para reflexionar sobre a política marítima
e as actividades vencelladas a este ámbito.
A aportación galega ao devandito Libro Verde quedaron recollidas
nunha serie de conclusións -preto de medio centenar- dos expertos,
logo do traballo realizado en seis mesas sectoriais, que comenza
por recoñecer a necesidade dun compromiso serio e firme dos
estados membros da UE na aplicación e defensa das políticas
que xurdan da aprobación do documento. Tamén se especifica
nas conclusións globais que o Libro Verde teña en consideración
unh
a maior visión do factor humano nos distintos sectores e non
se base exclusivamente en aspectos meramente económicos. Ao
tempo que debe impulsar e contemplar como un piar básico de
acción da UE a integración, cohesión, coherencia e coordinación
dos estados membros e a política marítima.
A necesidade de que a formación en todos os sectores e aspectos
sexa unha prioridade no deseño da política marítima, e a necesidade
dun enfoque ecosistemático en consonancia coa Directiva de
Estratexia Mariña, son dúas peticións galegas máis. Finalmente
desde Galicia se aboga porque se apliquen os principios de
precaución, de desenvolvemento sostible e de solidariedade.
Nas xornadas de debate se abordaron noutras tantas mesas de
traballo diferentes aspectos da actividade pesqueira o con
vinculación ao mar. En concreto se profundizou na Pesca e
sostebilidade; se analizou o tecido empresarial, o Turismo
e o patrimonio marítimo, así como o Tráfico marítimo, as profesións
e a seguridad. Non se decoidaron tampocuo as facetas do mar
como fonte de enerxía e coñecemento, e Xestión costeira.
Principais conclusións das Mesas de traballo
|