 |
noticiasgalicia.-
Os axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, da Consellería
de Pesca e Asuntos
Marítimos, realizaron un total de 9.083 actuacións de inspección
pesqueira nas rías galegas entre os meses de xaneiro e xuño
de 2008. Desta cifra, un total de 1.823 se constituíron en
actas de presunta infracción o que implica a apertura do correspondente
expediente sancionador por parte da delegación territorial
competente.
A maior parte das actuacións levadas a cabo polos medios marítimos,
terrestres e aéreos do Servizo de Gardacostas correspóndense
con inspeccións en portos, en establecementos e supermercados,
no mar, na praia e na costa, no transporte de recursos pesqueiros,
en lonxas, así como en instalacións de cultivos mariños, entre
outros.
Do balance da actividade inspectora realizada no primeiro
semestre deste > ano despréndese que o persoal de Pesca comisou
un total de 19.933,88 > quilogramos de distintas especies
pesqueiras e marisqueiras. Máis en concreto, fixéronse con
10.907,92 quilos de moluscos bivalvos, 3.955,42 de peixes,
1.896,49 de crustáceos, 1.591,05 de cefalópodos e 1.583 de
equinodermos.
Así mesmo, os axentes de Gardacostas aprehenderon 6.864 bens
e medios, dos que 4.307 foron nasas e 1.538 aparellos de enmalle.
A estes hai que > engadir 838 unidades doutras artes e útiles,
así como 74 artes de marisqueo, 57 medios (embarcacións e
vehículos), 35 aparellos de anzol e 15 equipamentos de mergullo.
Ría
da Pasaxe
No que respecta á Ría do Burgo, o traballo realizado polos
Gardacostas de Galicia nos primeiros seis meses deste ano,
en colaboración coas Forzas e Corpos de Seguridade e os vixilantes
da Confraría de Pescadores de A Coruña, deu como resultado
preto de 300 actuacións das que 145 se converteron en actas
de presunta infracción.
Ademais, lograron expulsar a máis de 1.000 furtivos que pretendían
capturar ilegalmente marisco, comisaron preto de 200 quilos
de ameixa e berberecho e incautaron case 50 bens e medios.
Inspección en establecementos e no transporte por estrada
Por outra parte, os axentes da Consellería de Pesca realizaron
un total de 2.022 inspeccións en establecementos (pescaderías,
prazas de abastos, restaurantes e supermercados) no que vai
de 2008, das que 190 se constituíron en actas de presunta
infracción.
Con respecto ao transporte de recursos pesqueiros por estrada,
realizáronse 866 inspeccións. Delas un total de 106 se constituíron
en actas de presunta infracción.
|