|
noticiasgalicia.-
O Consello da Xunta de Galicia o seu visto e prace ao Proxecto
de Lei de Pesca de Galicia, que derrogará a norma vixente
de 1993. A nova lexislación regulará, nun único texto, todas
as materias marítimo-pesqueiras que son competencia da Comunidade
Autónoma. Deste xeito, o sector pesqueiro poderá dispoñer
dun único texto con rango de lei que será un instrumento áxil,
dinámico e de fácil manexo e comprensión, que sentará as bases
para que a actividade pesqueira siga sendo unha das máis importantes,
durareiras e viables da nosa economía. Así mesmo, servirá
para que a pesca en Galicia se poida xestionar tendo en conta
as persoas, a economía e o respecto polo medio ambiente e
polos recursos.
A nova lei regula a conservación e xestión dos recursos pesqueiros
e marisqueiros; a pesca marítima profesional e a de lecer;
o marisqueo; a acuicultura mariña; a frota pesqueira galega;
os axentes do sector pesqueiro galego; a comercialización,
transformación e promoción dos produtos da pesca, o marisqueo
e a acuicultura; o desenvolvemento sustentable das zonas de
pesca; a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a
innovación; a formación marítimo-pesqueira; a inspección e
o control; os rexistros e o réxime sancionador.
A nova lexislación naceu do compromiso adquirido polo novo
Goberno galego de deseñar un texto normativo de ordenación
do sector pesqueiro que eliminase trabas burocráticas e que
fose o suficientemente xenérico e amplo. Ademais, o texto
tivo en conta ao sector a través dunha consulta aberta que
se iniciou en xaneiro de 2007 coa creación dun Buzón de Suxerencias
na web oficial do departamento de Pesca. Así, no actual proxecto
recolléronse algunhas das achegas realizadas polos profesionais
do mar, ben por acción (incorporando as suxestións que fixeron)
ou por omisión (eliminando cuestións da normativa vixente
coas que non estaban de acordo porque lles dificultaba o seu
traballo).
Proxecto
de Lei de Pesca
|