|
noticiasgalicia.-
O
Plan Xeral de Explotación Marisqueira 2008 xa é unha realidade.
Elaborado e aprobado pola Consellería
de Pesca, establece o réxime necesario para permitir a
explotación marisqueira en Galicia ao longo do presente ano,
coas garantías dunha boa xestión dos recursos.
Os
plans aprobados, un total de 206 fan referncia ás autorizacións
marisqueiras, para ás zonas de libre marisqueo e a aquelas
especies que se poden capturar como o percebe, ourizo, navalla
e longueirón, algas ou peneira (orella de mar).
Tamén establece as normas que rexerán o traballo nas zonas
de libre marisqueo para este ano, fixa os períodos autorizados
para a explotación doutros crustáceos e para o emprego das
artes de bou de vara e bou de man e especifica os pasos a
seguir para a presentación de plans para o vindeiro ano 2009.
O
Plan Xeral de Explotación Marisqueira é un documento que se
elabora anualmente cun mecanismo que permite ao sector participar
de forma activa na responsabilidade da xestión dos recursos
mariños. Con este sistema son as propias entidades asociativas
do sector as que presentan os plans de explotación que desexan,
tanto para as súas autorizacións marisqueiras e zonas de libre
marisqueo, como para recursos específicos.
Regulación
de períodos
A época autorizada para poder extraer moluscos nas zonas de
libre marisqueo, que non se atopan suxeitas a ningún plan
específico, vai dende o 2 de xaneiro ao 31 de marzo e do 1
de outubro ao 31 de decembro de 2008. Así mesmo, establécense
os topes de captura para estas zonas, tanto para o marisqueo
dende embarcación como para o marisqueo a pé.
O Plan Xeral de Explotación Marisqueira para o ano 2008 regula
tamén os períodos autorizados para a explotación de certos
crustáceos como é o caso da nécora, do 2 ao 4 de xaneiro e
do 7 de xullo ao 31 de decembro; a centola, do 2 de xaneiro
ao 30 de xuño e do 24 de novembro ao 31 de decembro; o boi,
do 2 ao 30 de xuño e do 24 de novembro ao 31 de decembro;
o santiaguiño, do 1 de outubro ao 31 de decembro, ou o lumbrigante
e a lagosta, do 1 de xullo ao 15 de setembro.
En canto a aquelas embarcacións que conten no seu permiso
de explotación coas artes de bou de vara e bou de man, a Orde
establece que poderán realizar as capturas con carácter xeral
dende o 2 de xaneiro ao 31 de marzo e do 3 de novembro ao
31 de decembro de 2008.
Novidades do Plan Xeral de Explotación
As zonas
de libre marisqueo están suxeitas a normas concretas
|