|
noticiasgalicia.-Galicia
conta, por impulso da consellería de Pesca e Asuntos Marítimos,
cunha iniciativa única no ámbito nacional e internacional
coa que os mariñeiros e mariscadores galegos poden recibir
indemnizacións en caso de paralización e perda da produción
por mor de condicións climatolóxicas adversas. É o que se
denomina xa: o Seguro de mal tempo.
A creación dun seguro de mal tempo xurde do feito de que a
actividade pesqueira e marisqueira está sometida a que se
dean unhas condicións climatolóxicas que permitan aos profesionais
desenvolver a súa actividade sen que supoña un risco para
eles.
 |
A
situación xeográfica de Galicia determina que a nosa comunidade
teña un litoral sometido a condicións meteorolóxicas que obrigan
a amarrar a frota, sen posibilidade de que os barcos poidan
saír a pescar durante varios días. Polo que esta situación
implica unha falta de ingresos nas economías dos profesionais
que viven da explotación dos recursos pesqueiros e marisqueiros.
Este novedoso seguro de mal tempo ven a supoñer o nacemento
deste tipo de produtos, xa que esta cobertura non está presente
no mercado de seguros nacional e internacional.
Os interesados en adherirse a esta seguro xa tiveron a posibilidade
de presentar as súas solicitudes desde o mes de outubro do
pasado ano. As axudas previstas polo departamento que dirixe
a conselleira Carmen Gallego, se achegan a preto de 1,4 millóns
de euros. Cantidade destinada a sufragar as primas ata o vindeiro
28 de outubro do presente ano. A Consellería de Pesca sufragará
o 70 % da achega que deberá facer o asegurado para o pagamento
da prima anual.
Beneficiarios e excluídos nesta iniciativa
A poliza cubre o pagamento dunha indemnización
|