|
noticiasgalicia.-Poden
acceder a estas subvencións os tomadores da póliza que poderán
ser ben as confrarías, as cooperativas do mar, as organizacións
de produción pesqueira (OPP) ou calquera outra entidade asociativa
do sector con sede en Galicia, en nome dos seus membros que
pesquen en augas do litoral galego ou lindantes con Portugal
e o Cantábrico.
Os beneficiarios desta iniciativa son os arrastreiros de litoral
e embarcacións de cerco de litoral que traballan en caladoiros
nacionais, barcos de artes menores e percebeiros a pé ou a
flote. Todos eles tiveron que formalizar o pasado ano, -con
anterioridade ao 1 de novembro- un seguro coa aseguradora
Mapfre, entidade seleccionada para ofertar este servicio.
Pola contra, non serán obxecto de cobertura da póliza o marisqueo
realizado con arte de marisqueo desde a embarcación, calquera
actividade a pé diferente á de percebeiro, as embarcacións
adicadas á acuicultura, as unidades que pescan en caladoiros
comunitarios (altura) e internacionais (grande altura) e as
embarcacións auxiliares de calquera tipo. Tamén quedarán excluídas
as vedas, os paros biolóxicos, contaminación de calquera tipo
e mareas vermellas, así como períodos de mantemento de embarcacións
ou de descanso do persoal, o peche dun plan de explotación
e a pesca deportiva e recreativa en todas as súas modalidades.
E tampouco entrarán nesta iniciativa ordenanzas e limitacións
á explotación pesqueira e marisqueira ditadas polas autoridades
competentes, mortandade de especies mariñas por calquera causa
e calquera outra parada ou amarre temporal que non teña a
súa orixe nas condicións climatolóxicas adversas.
|