noticiasgalicia.com |
A poliza cubre o pagamento dunha indemnización

noticiasgalicia.-Cabe sinalar que a póliza de seguro cubre o pagamento dunha indemnización diaria no caso de paralización de actividade e consecuente perda de produción por condicións meteorolóxicas adversas.

Dita póliza cubrirá a paralización total, entendéndose como tal a inactividade absoluta de pesca nun tempo concreto, en exceso dos días fixados como franquía climática. As sumas aseguradas por anualidade variarán segundo os diferentes tipos de unidade produtiva e oscilarán entre os 1.000 euros correspondentes aos percebeiros a pé e os 25.000 euros no caso de embarcacións de arrastre de litoral de 201 a 400 GT.

Por outra banda, o custo máximo anual do seguro (impostos incluídos) tamén varia segundo a modalidade, sendo a contía mínima de 225 euros correspondentes aos percebeiros a pé, mentres que o importe máximo serán 5.650 euros para os barcos de arrastre de litoral de 201 a 400 GT.

Estas cantidades, que poden verse reducidas segundo a proposta da aseguradora, serán sufragadas nun 70% pola Consellería de Pesca.

©Galicia en PáXinas S.L.
Todos los derechos reservados.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 1024 x 768 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad