banner   p   banner
linea
linea
    Galicia iconotiempo España
noticiasvigo  
p confidencial
  CORUÑA   SANTIAGO   FERROL   LUGO   OURENSE   PONTEVEDRA VIGO  Envio de titulares   Agregar a favoritos   Recomienda esta Página
linea
  | Pontevedra | Sanxenxo | Vilagarcía | Poio | Agolada   google callejero cine cine labolsa

Os colexios de Pontevedra piden que se manteña a actividade das Olimpíadas do Recreo

 

noticiasgalicia.- O concelleiro de Educación, Agustín Fernández, recibe esta tarde no Concello aos case 30 rapaces dos colexios Xunqueira 1 e Marcón que participaron na final das Olimpíadas do Recreo, un novidoso programa educativo posto en marcha durante este curso e que incentivou a aprendizaxe en catro campos distintos a partir dun enfoque lúdico.

A final celebrouse o pasado domingo no marco do Salón da Educación e a Formación, Edugal, despois dunha fase eliminatoria na que tomaron parte case 300 alumnos de Educación Primaria. O concelleiro entregou senllos cheques-regalo para material escolar valorados en 400 euros, 200 e 100 euros, respectivamente aos tres finalistas.

Agustín Fernández destacou que o programa foi moi ben acollido, e mesmo ten recibido chamadas de varios centros que apostan por mantelo de cara aos próximos cursos escolares. Na final participaron tres equipos (A Xunqueira 1 achegou tan alta participación que acabaron seleccionados dous dos seus grupos).

O "enfrontamento" comezou pola competición de Orientación, na que os rapaces buscaron balizas entre os stands de Edugal coa axuda dunha brúxula. A continuación, o bloque de saúde, que tivo como epicentro a pirámide da alimentación. O terceiro apartado centrouse na química, coa elaboración de dous experimentos a partir de produtos domésticos. Finalmente, o Pasapalabra con preguntas sobre Galicia e a cidade de Pontevedra.

 
 

 
síguenos también en Facebook
l
canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas
islasn
vinon
inmobiliarian
descubren
empleon
pueblosn
golfn
museosn
directorion
empresan
©Publicidad & noticiasgalicia S.L.
Todos los derechos reservados
.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 1024 x 768 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad