banner   p   banner
linea
linea
    Galicia iconotiempo España
noticiasvigo  
p confidencial
  CORUÑA   SANTIAGO   FERROL   LUGO   OURENSE   PONTEVEDRA VIGO  Envio de titulares   Agregar a favoritos   Recomienda esta Página
linea
  | Pontevedra | Sanxenxo | Vilagarcía | Poio | Agolada   google callejero cine cine labolsa

Presentación do libro "Para cantar veño eu!" Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos

 

noticiasgalicia.-O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación do libro Para cantar veño eu! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos, de Rafael Quintía Pereira, publicado pola Sociedade Antropolóxica Galega e a A.C. Os Chichisos. O acto, no que participan Rosalía Rodríguez (secretaria da Asociación Cultural Os Chichisos), Paz Castro (xornalista e responsable de comunicación da Sociedade Antropolóxica Galega) e Rafael Quintía, celébrase o vindeiro venres 27 de xaneiro, ás 20 horas, na Galería Sargadelos de Pontevedra.

Sobre o libro
Para cantar veño eu! Empregando como fío condutor o labor que a asociación cultural e grupo de música tradicional Os Chichisos leva a cabo dende hai case dúas décadas, o autor ofrécenos nesta obra un compendio de apuntamentos etnográficos sinxelos e concisos en torno ó universo da música popular galega e das súas diferentes expresións e manifestacións. Un percorrido polos instrumentos tradicionais, os ritmos e os bailes, as festas do ciclo do ano e as tradicións musicais a elas asociadas, a ancestral linguaxe das campás, os cantos de berce e moitas outras dimensións do noso folclore que irán desfilando polas páxinas deste libro para achegarlle á xente nova e ó neófito do noso folclore o rico e variado tesouro da música tradicional galega. "Para cantar veño eu" complétase cunha amena unidade didáctica que inclúe os exercicios e as prácticas necesarias para que a xente máis nova practique, comprenda e asimile os diferentes contidos deste traballo. Para cantar veño eu! é unha obra de Rafael Quintía, antropólogo, economista e membro fundador da Sociedade Antropolóxica Galega.

 
 

 
síguenos también en Facebook
l
canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas
islasn
vinon
inmobiliarian
descubren
empleon
pueblosn
golfn
museosn
directorion
empresan
©Galicia en PáXinas S.L.
Todos los derechos reservados
.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 1024 x 768 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad