banner   p   banner
linea
linea
    Galicia iconotiempo España
noticiasvigo  
p confidencial
  CORUÑA   SANTIAGO   FERROL   LUGO   OURENSE   PONTEVEDRA VIGO  Envio de titulares   Agregar a favoritos   Recomienda esta Página
linea
  | Pontevedra | Sanxenxo | Vilagarcía | Poio | Agolada   google callejero cine cine labolsa

Antón Louro asina o convenio para o financiamento da quinta fase da Área de Rehabilitación de Estribela

 

noticiasgalicia.- Un total de 40 vivendas do barrio mariñeiro de Estribela poderán beneficiarse das oportunidades que abre a Área de Rehabilitación Integral (ARI). O convenio que a regula a quinta fase foi asinado hoxe en Santiago polo tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo, Antón Louro. O acto estivo encabezado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e a ministra de Fomento, Ana Pastor.

A quinta fase da ARI de Estribela, aprobada en 2007, aborda así a súa quinta fase, que vai durar ata o ano 2016. Contempla un investimento total de 3.220.659,88 euros, dos que 2.728.800 están destinados a rehabilitación de vivendas e elementos comúns dos edificios, 200.000 euros a obras de urbanización e 291.859,88 euros a financiar os gastos de funcionamento da oficina de rehabilitación-portelo único.

Segundo o acordo asinado hoxe, o Concello de Pontevedra achegará 376.859,88 euros (un 11,7%); o Ministerio de Fomento, 275.000 euros (8,54%); a Xunta de Galicia, 240.000 euros (7,45%) e, finalmente, os beneficiarios das obras, un total de 2.328.800 euros (72,31%). Os veciños de Estribela xa están informados deste acordo, pois o pasado mes recibiron unha carta asinada por Antón Louro, na que se lles informaba da apertura da 5ª fase do programa. Como se explicaba no texto, as axudas son a fondo perdido e ata un 75% do orzamento protexible. O tope máximo é de 10.000 euros. O prazo para presentar as solicitudes e a documentación necesaria remata o 30 de setembro próxi8mo.

No ámbito protexido do barrio de Estribela hai un total de 481 vivendas. A ARI foi declarada o 3 de maio de 2007. Dende entón, as catro fases desenvolvidas, permitiron o acceso ás axudas públicas para máis de 200 actuacións de rehabilitación de vivendas, das que 167 xa están rematadas e o resto en tramitación e/ou execución.

Ao tempo, foron reurbanizadas as rúas do Cruceiro, das Laxes e Senén Sobral e está previsto facelo na praza Marqués de Valterra e nas rúas da Pedralonga, do Mercado e Comboa. En Galicia existen 44 áreas de rehabilitación repartidas por 31 concellos. O acordo asinado hoxe en presencia dos representantes municipais contempla un total de 2.500 actuacións concretas de rehabilitación.

 
 

 
síguenos también en Facebook
l
canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas
islasn
vinon
inmobiliarian
descubren
empleon
pueblosn
golfn
museosn
directorion
empresan
©Publicidad & noticiasgalicia S.L.
Todos los derechos reservados
.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 1024 x 768 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad