banner   p   banner
linea
linea
    Galicia iconotiempo España
noticiasvigo  
p confidencial
  CORUÑA   SANTIAGO   FERROL   LUGO   OURENSE   PONTEVEDRA VIGO  Envio de titulares   Agregar a favoritos   Recomienda esta Página
linea
  | Pontevedra | Sanxenxo | Vilagarcía | Poio | Agolada   google callejero cine cine labolsa

Louzán destacou a relevancia da Volta Ciclista , que supón "unha magnífica oportunidade" para mostrar ao mundo o que son as Rías Bixas.

 

noticiasgalicia.- O presidente da Deputación de Toledo, Arturo García-Tizón, coincide co seu homólogo en Pontevedra, Rafael Louzán, no papel fundamental que desenvolven as administracións provinciais como garantes da equidade na prestación de servizos entre os concellos máis grandes e os máis pequenos.

Neste sentido, García-Tizón recalcou que as deputacións provinciais son "o núcleo esencial de axuda aos pequenos municipios" e amosouse convencido de que "poderían converterse en órganos periféricos das propias administracións rexionais". Nesta liña, asegurou que este é un tema que convén poñer sobre a mesa cando se aborde o redeseño dunhas administracións das que dixo que "se non as houbese habería que inventalas", porque son fundamentais se se quere garantir a equidade na prestación de servizos. "Sen deputacións ­dixo- os veciños dos pequenos municipios non poderían acceder aos mesmos servizos que os veciños das grandes capitais", polo que incidiu en que a súa desaparición "sería una traxedia para os pequenos concellos".

Segundo subliñou, a funcionalidade das deputacións queda demostrada cando se comproba que alí onde se intentaron crear outras institucións como foi en Cataluña as veguerías "o que se fixo foi reproducir o sistema de deputacións provinciais". En relación á situación dos concellos, Rafael Louzán e García-Tizón incidiron na diferenza existente entre unha e outra provincia neste campo, xa que mentres Pontevedra con preto de un millón de habitantes ten 62 concellos e practicamente todos teñen máis de 2.000 habitantes; Toledo, con algo máis de 600.000 habitantes, ten 204 concellos e a inmensa maioría con menos de 1.200 habitantes. Esta diferenza fai que, mentres en Pontevedra a fusión dos concellos non é vista por Rafael Louzán como unha necesidade, García-Tizón valore a necesidade de avaliar este asunto.

Así, asegurou que "en Toledo, o gran núcleo dos municipios está por debaixo dos 5.000 habitantes", polo que, "se non un proceso de fusión" si ten analizarse a tipoloxía destes municipios, porque "municipios con 500 habitantes non poden prestar servizos en moitas áreas.

 
 

 
síguenos también en Facebook
l
canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas
islasn
vinon
inmobiliarian
descubren
empleon
pueblosn
golfn
museosn
directorion
empresan
©Galicia en PáXinas S.L.
Todos los derechos reservados
.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 1024 x 768 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad