|
noticiasgalicia.- TEATRO OESTE
SOLITARIO 20 e 21 de xaneiro de 2012 ás 21:00h. Lugar: Pazo da Cultura
de Pontevedra Prezo: 8 eur. e 5 eur estudantes, parados e xubilados
Máis información en pazodacultura.org Última produción de Excéntricas
na que Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira interpretan ao fraterno duo
protagonista e as estrelas convidadas, María Lado e Marcos Correa,
a Girleen e ao padre Welsh, todos eles dirixidos por Quico Cadaval.
A historia ten lugar nunha casa afastada nas terras esquecidas do oeste
de Irlanda, ao pe da casa, unha lagoa de augas escuras e aló abaixo,
a aldea, a carón da ría de Lennane. Nesa casa viven os protagonistas
do Oeste Solitario; os irmáns Connor: Valene e Coleman. Despois de
enterrar o pai, voltan ao tobo onde fermenta lentamente o rancor, a
intolerancia e o odio. A historia semella que só pode acabar de duas
maneiras: cun coitelo entre os omóplatos ou cun cranio rebentado polo
tiro dun cartucho do 12. Tamén hai unha parella romántica: Girleen,
a rapariga da aldea que lles vende o augardente ilegal, e o padre Welsh,
patético parroco fracasado, que interveñen na historia, provocando
sen sabelo, un xiro inesperado. Venda de entradas
EXPOSICIÓN CAMIÑOS EN FEMININO.ARTE 2011-2012 Ata o 22 de xaneiro de
2012 Lugar: Sala de Exposicións do Pazo da Cultura de Pontevedra Prezo:
Entrada de balde Máis información en pazodacultura.org Visións de mulleres
sobre o Camiño Portugués a Compostela. Colectiva de pintura coa participación
de Adriana Martín, Amelia Palacios, Ángeles Iglesias, Basilisa Fiestras,
Beatriz Suárez, Carmen Cabaneiro, Carmen Hermo, Carolina Miranda, Chuneta,
Coco Pimentel, Glau Fonseca, Helga Mader, Kuqui Pazos, Lidia Costa,
Mª Angeles Guillán, Montse Frieiro, Paula Cabaleiro, Paula Mariño,
Paz Vicente, Puri del Palacio e Silvia Capelo. Martes a venres de 17.00h.
a 21.00h. Sábados de 11.00h. a 14.00h. e de 17.00h. a 21.00 h. Domingos
e festivos de 11.00h. a 14.00h. Luns pechado
EXPOSICIÓN MÁRIO ROCHA, AIRES DA SERRA Ata o 12 de febreiro de 2012
Lugar: Sala de Exposicións do Pazo da Cultura de Pontevedra Prezo:
Entrada de balde Máis información en pazodacultura.org Artista poliédrico
contemporáneo, nome indiscutible na expresión plástica portuguesa,
(pintura, escultura, cerámica, interiorismo, etc.) que sabe mesturar
prodixiosamente as cores de xeito que a súa pintura produce un sentimento
de gozo e pracer para dar paso a súa interpretación levándonos da expresión
á emoción nun solo trazo.
Nas súas obras pódese apreciar a forza e a beleza do cotián e da expresión
sinxela dun home ligado a terra que o veu nacer, Perre, Viana do Castelo
e a Serra d´Arga, Caminha, onde convive coa arte que se expresa cada
verán en "Arte na leira", unha das máis importantes manifestacións
artísticas que teñen lugar no Norte de Portugal. Mário Rocha acércanos
os seus aires da serra que baten nos nosos rostros a través das pinceladas
dos seus cadros. Martes a venres de 17.00h. a 21.00h. Sábados de 11.00h.
a 14.00h. e de 17.00h. a 21.00 h. Domingos e festivos de 11.00h. a
14.00h. Luns pechado.
|