|
noticiasgalicia.- O Partido
Popular de Arbo denuncia a actitude irresponsable do alcalde Xavier
Simón ao permitir que persoas asistentes ao pleno ordinario do pasado
sábado interviñesen na sesión antes de que esta fose finalizada, incorrendo
nunha ilegalidade,"pois o público, sen poder facelo e coa permisividade
do rexedor local, comezou a facer preguntas baseadas en graves e falsas
insinuacións, con actitudes de menosprezo antes de que se levantara
a sesión", explica Horacio Gil, voceiro do PP local acusando ao
alcalde "de permitir boicotear un pleno co fin de evitar o control
da oposición".
Dende o Partido Popular de Arbo sosteñen que "gran parte do público
era afín á ideoloxía do actual alcalde, incluso algunhas destas persoas
formaron parte da candidatura do BNG nas pasadas eleccións municipais,
e que actuaron premeditadamente, interrompendo de xeito continuo as
nosas intervencións". A sesión atopábase na quenda de rogos e
preguntas e o PP estaba a denunciar presuntas prácticas ilegais como
é o caso, entre outras, das irregularidades nas funcións que desempeña
o persoal de confianza, a contratación de autónomos e o manexo de expedientes
do Concello, mentres que Horacio Gil víase entorpecido constantemente
polo público, "que non facía máis que incordiar e faltar ao respecto
aos concelleiros do PP co fin de evitar as preguntas que dende o grupo
popular se lle estaba facendo ao alcalde", remarca o voceiro dos
populares. Gil subliña que o ambiente creado foi permitido e alentado
polo propio alcalde ³co fin de evitar as preguntas incómodas da oposición",
pero a situación de balbordo foi tal que "o alcalde ao er que
se lle ía o asunto das mans e advertido polos seus propios socios de
goberno os independentes- decidiu levantar a sesión sen rematar o
punto de rogos e preguntas e deixando algunhas das nosas cuestións
sen responder. É máis, agora é o propio Goberno local quen lle fai
preguntas á oposición, pretendendo converter a quenda de rogos e preguntas
nun punto de preguntas ao PP e evitar así o control que nós debemos
efectuar como oposición que somos, o que demostra a súa práctica xa
habitual de facer oposición á oposición ante a súa falla de xestión
ao fronte do Concello".
O Partido Popular de Arbo denuncia a permisividade do rexedor local
ao darlle voz ao público nun pleno de maneira ilegal. "Toma decisións
e actúa sen responsabilidade algunha, saltándose a lei e moitas veces
as formas, pois el mesmo, no pleno, puxo en dúbida a honestidade dos
funcionarios e do persoal do Concello insinuando que filtraran información
ao voceiro do PP, cando en realidade ditos datos fóronnos facilitados
por el mesmo como resposta a unha pregunta presentada por nós".
Unha vez máis o Bipartido local amosa a súa ineficacia e irresponsabilidade
ao fronte do Concello de Arbo, pondo en práctica accións irregulares
e ilegais co único obxectivo de ir en contra da oposición, chegando
a tal punto incluso de contradicirse en temas como a figura do alcalde
de barrio, que antes defendían a súa retirada dada a súa inutilidade,
cualificándoa de franquista, e agora séguena mantendo ocupadas por
persoas amigas.
|