PONTEVEDRA
El Tiempo

O Comité de Galiforest reuniuse por terceira vez para avanzar na organización deste novo monográfico forestal

noticiasgalicia.- O Comité do I Monográfico Forestal Internacional para o Sur de Europa, Galiforest 2010, reuniuse por terceira vez nas instalacións do recinto Feira Internacional de Galicia para avanzar na organización deste novo certame, que terá lugar do 24 ao 26 de xuño no monte e instalacións do Centro de Experimentación Agroforestal de Sergude, en Boqueixón. Ao encontro acudiu o director xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto Juana, presidente do Comité Organizador, quen afirmou o "compromiso e apoio directo da Consellería a este proxecto" e destacou o plantexamento deste certame como un "referente técnico e profesional". O director estivo acompañado pola xefa do servizo de Planificación e Valoración do Monte da Consellería do Medio Rural, Carmen Juliani.

Participaron na reunión 37 representantes das asociacións, entidades e empresas máis importantes do sector, unha asistencia que reflexa o respaldo dos máximos expoñentes do mundo forestal á Feira Internacional de Galicia na organización deste monográfico totalmente profesional, bienal e con vocación internacional. Entre os asistentes estiveron os presidentes da Asociación Forestal de Galicia (AFG), da Asociación para o Fomento da Riqueza Forestal de Galicia (AFRIFOGA), da Federación Empresarial de Aserradores e Rematantes de Madeiras de Galicia (FEARMAGA), da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (ORGACCMM), da Asociación de Empresas de Servizos Forestais de Galicia (SERFOGA), da Asociación Profesional Galega de Selvicultores (SILVANUS), da Asociación de Viveiros Forestais de Galicia (VIFOGA) e da Asociación Forestal Frouma.

Así mesmo, acudiron o secretario da Asociación Sectorial Forestal Galega e o subdelegado en Galicia da Asociación Nacional de Empresas Forestais (ASEMFO). Tamén quixeron participar na definición de Galiforest membros doutras entidades como os directores do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude e do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia, ademais de representantes dos enxeñeiros técnicos forestais. Por outra banda, acudiron á reunión diversos cargos das empresas máis representativas do ramo forestal, como son Stihl, Grupo Empresarial Ence, Tragsatec, Forcar, Grúas Tambre, Industrias Guerra, Hitraf, Internaco, Certificación Forestal Paneuropea, Agroteibe, Braña, Costiña, Grupo Villapol, Hidráulica de Barro, Logmax Ibérica, Motogarden, Peñasco Agrícola, Servitec Medioambiente e Tavigosa Por parte da Feira Internacional de Galicia estiveron presentes varios membros da organización, encabezados pola directora, Paloma Hidalgo.

Comercialización, promoción e programa de actividades
Entre os temas tratados neste terceiro encontro do Comité Organizador estivo a marcha do proceso comercializador do salón e as accións que se están a levar a cabo neste sentido, así como a promoción que se está a desenvolver do monográfico. Por outra banda, fixéronse propostas sobre as actividades que se celebrarán de forma paralela á exposición comercial, as cales se concretarán em vindeiras datas e coas que se pretende conformar un atractivo programa destinado aos profesionais do sector.

canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas


Si desea incluir información, (fotos, documentos, web...) envienosla a info@noticiasgalicia.com
©Galicia en PáXinas S.L.
Todos los derechos reservados
.- Optimizada para 1024 x 768 píxels
Aviso legal | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad