|
noticiasgalicia.- A Concellaría
de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, inicia
esta semana un zafarrancho de limpeza por distintas rúas da cidade:
Almirante Mato, Monteleón, Pedro Mariño de Lobeira e Fonte do Corvo.
Os traballos desenvolveranse na madrugada e na mañá do xoves. Dado
que se trata de zonas de estacionamento de vehículos e de carga e descarga,
colocáronse valos indicativos prohibindo o aparcamento en toda a zona
dende onte, aínda que a prohibición non será efectiva ata hoxe pola
tarde. A limpeza desenvolverase con varredorias, máquinas de auga e
limpeza a pé. A concellaría solicita a colaboración de veciños e de
condutores para acadar unha perfecta limpeza das rúas.
|