banner   p   banner
linea
linea
    Galicia iconotiempo España
noticiasvigo  
p confidencial
  CORUÑA   SANTIAGO   FERROL   LUGO   OURENSE   PONTEVEDRA VIGO  Envio de titulares   Agregar a favoritos   Recomienda esta Página
linea
  | Pontevedra | Sanxenxo | Vilagarcía | Poio | Agolada   google callejero cine cine labolsa

Louzán pide ós alcalde do PP unificar as taxas de lixo de municipios de menos de 25.000 veciños

 

noticiasgalicia.- O presidente do PP de Pontevedra e da Deputación, Rafael Louzán, anunciou hoxe unha proposta para unificar as taxas de recollida de lixos dos municipios de menos de 25.000 habitantes que realizan a recollida directamente ou teñen a concesión a piques de caducar. Louzán xustificou esta equiparación nas diferenzas entre municipios limítrofes, con diferenzas moi acusadas, ''nalgúns casos do 100%'', dixo.

Non explicou como se realizará esta equiparación, pero recoñeceu que ''ningún concello pensa en baixar as taxas'' e puxo como exemplo a Barro, onde subiu de seis a 60 euros, segundo os seus datos. O presidente provincial ha sinalado que a Deputación, a través do Organismo Autónomo de Xestión de Recursos Locais (Oral), leva meses estudando a cuestión. Aínda que deixou claro que a autonomía é dos propios municipios, sinalou que no ''medio prazo'' os 47 concellos do PP na provincia chegarán a un acordo. Sinalou tamén que o servizo é xeralmente deficitario e que ''non cobre o 50% do custo'', e dixo que unha xestión mancomunada -que non aclarou se será pública ou privada- permitiría aforrar o 50% dos vehículos e o persoal. Engadiu, no entanto, que os traballadores serían destinados a outras funcións.

Entre os exemplos de concellos similares con taxas diversas citou os casos de Arbo e Crecente (15 e 30 euros, respectivamente); Tomiño e A Guarda (15 e 62) ou Poio e Vilaboa (108 e 34). Louzán eloxiou tamén a subida do IBI aprobada polo Goberno central e asegurou que non se pretende ''crear máis carga tributaria'' senón buscar a ''equidade''.

 
 

 
síguenos también en Facebook
l
canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas
islasn
vinon
inmobiliarian
descubren
empleon
pueblosn
golfn
museosn
directorion
empresan
©Galicia en PáXinas S.L.
Todos los derechos reservados
.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 1024 x 768 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad