|
noticiasgalicia.-
Son 5,13
¤ por cada certificado de convivencia expedido para as familias
con nenos de 3 anos que se van incorporar ao colexio e as
que teñen rapaces que van cambiar de centro en Educación
Secundaria. A Xunta decidiu que para o vindeiro curso, para
favorecer a transparencia no proceso de matriculación e
evitar a picaresca co padrón, país e nais tiñan que presentar
ese documento no período de admisión, que precisamente finaliza
hoxe.
O Concello de Pontevedra cobra, e non pouco, por ese certificado;
outros concellos non o fan. María José Rodríguez Teso e
Miguel Ángel Meijón anunciaron hoxe en rolda de prensa que
o Partido Popular presentará no pleno municipal do vindeiro
luns unha moción para esixir ao equipo de goberno que acceda
a eximir do pago da devandita taxa ás familias inmersas
nese proceso de matriculación escolar.
Xa hai unha semana fora o delegado da Xunta de Galicia en
Pontevedra, José Manuel Cores Touris, quen pedira publicamente
á Administración local que liberara dese pago aos pontevedreses,
tal e como se fai noutros concellos, pero a súa demanda
foi rexeitada sen unha explicación coherente. Nesta mesma
liña, o voceiro do grupo popular, Jacobo Moreira, leva tempo
denunciando o sistemático recurso á presión fiscal ou a
imposición de multas de tráfico por parte do Concello para
tentar cadrar as súas contas.
"O goberno local sangra aos seus cidadáns con afán
recadador ata nos certificados de convivencia para a matrícula
dos colexios", insistiron Rodríguez e Meijón. "O
volante de empadroamento _engadiron_ , que era o documento
que se necesitaba antes do cambio introducido pola Xunta,
era gratis e o Concello enviáballo ás familias aos seus
domicilios. Por que non fai o mesmo con ese certificado
como se fai noutros sitios? A iniciativa que o Partido Popular
levará ao pleno do próximo luns completarase cunha solicitude
para que a obtención desa documentación poida concretarse
por vía telemática, proceso que xa funciona tamén noutras
localidades.
|