banner   p   banner
linea
linea
    Galicia iconotiempo España
noticiasvigo  
p confidencial
  CORUÑA   SANTIAGO   FERROL   LUGO   OURENSE   PONTEVEDRA VIGO  Envio de titulares   Agregar a favoritos   Recomienda esta Página
linea
  | Pontevedra | Sanxenxo | Vilagarcía | Poio | Agolada   google callejero cine cine labolsa

Louzán destaca o gran servizo que prestra a gardería Principe Felipe a un prezo extraordinariamente razoable

 

noticiasgalicia.-O presidente da Deputación, Rafael Louzán, destacou hoxe o gran servizo que está a prestar a gardería Príncipe Felipe, na que se atende a 120 nenos a "un prezo extraordinariamente razoable". Rafael Louzán incidiu en que, malia á actualización das tarifas realizada o 1 de febreiro en virtude do Decreto da Xunta de Galicia que regula as tarifas das escolas da rede pública, as familias seguen disfrutando dun extraordinario servizo a uns prezos "moi razoables".

Louzán recoñeceu que na actualidade "o contexto económico é o que é" e son moitas as familias que están a pasar dificultades, pero, precisamente neste contexto, a actualización de prezos recae sobre as rendas máis altas, mentres que as máis baixas, as que non chegan ao 100% do IPREM (532,51 euros), verán reducida a cota a pagar polo servizo de comedor ata en 16,50 euros. "O importante é que hoxe a Deputación está dando un servizo a 120 familias" que doutro xeito "non poderían compatibilizar a súa vida familiar e laboral por non ter este servizo², salientou o presidente da Deputación, quen lembrou que o mantemento deste centro é moi custoso para a Administración Provincial que, malia todo, está decidido a mantelo por consideralo un servizo útil e moi necesario. A actualización de prezos supón unha suba de 7 euros na asistencia e 2 euros no comedor para as persoas con rendas de entre o 100% e o 125% do IPREM; de 16 euros na asistencia e 17 euros no comedor para as rendas de entre o 125% e o 150% do IPREM; de 29 euros na asistencia e 27 euros no comedor para as familias cunhas rendas de entre o 150 e o 175% e de 50 euros na asistencia e 37 euros no comedor para os que teñan renda por encima do 175% do IPREM.

 
 

 
síguenos también en Facebook
l
canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas
islasn
vinon
inmobiliarian
descubren
empleon
pueblosn
golfn
museosn
directorion
empresan
©Galicia en PáXinas S.L.
Todos los derechos reservados
.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 1024 x 768 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad