banner   p   banner
linea
linea
    Galicia iconotiempo España
noticiasvigo  
p confidencial
  CORUÑA   SANTIAGO   FERROL   LUGO   OURENSE   PONTEVEDRA VIGO  Envio de titulares   Agregar a favoritos   Recomienda esta Página
linea
  | Pontevedra | Sanxenxo | Vilagarcía | Poio | Agolada   google callejero cine cine labolsa

A Deputación colabora a través do programa "Coñece a túa provincia" na promoción dos negocios do Deza e Tabeirós

 

noticiasgalicia.-As comarcas do Deza e Tabeirós Terra de Montes son dous dos destinos máis solicitados polos cidadáns da provincia de Pontevedra que participan na iniciativa impulsada pola Deputación «Coñece a túa provincia». O mellor exemplo son as 7.311 persoas que dende o ano 2009 se desprazaron ata Lalín para coñecer a «Ruta de Mouriscade» e as 1.335 persoas que o pasado 2011 visitaron Cerdedo para coñecer a denominada «Ruta Arqueolóxica». Un total de 8.646 persoas. Con esta iniciativa, que a Deputación puxo en marcha de forma pioneira en Galicia no ano 2008, a entidade provincial contribúe a desestacionalizar e a promocionar o turismo do interior e a fomentar o consumo e o dinamismo comercial neste caso dos municipios de Lalín, Cerdedo e das súas áreas de influencia.

Compre salientar que na primeira edición da iniciativa a Deputación deseñou unhas rutas experimentais centradas na comarca de Pontevedra. Non obstante, en vista do éxito a Deputación impulsou no 2009 a Ruta de Mouriscade e o pasado 2011 a Ruta Arqueolóxica que achega ós cidadáns ata o entorno natural e patrimonial de Cerdedo. A través desta iniciativa, a Deputación de Pontevedra contribúe ó mantemento dos empregos directos en sectores estratéxicos da comarca como son a hostalería, o comercio, a artesanía, e o turismo, entre outros. Así, para levar adiante este proxecto a Deputación conta coa participación dos negocios, museos, e distintos establecementos de interese das distintas zonas.

Así por exemplo a Ruta de Mouriscade contempla a visita dos excursionistas ó laboratorio e á Finca Mouriscade(cun percorrido panorámico en autobús por toda a finca, pasando polo centro de discapacitados, club de hípica e albergue para peregrinos); unha visita ó Museo Etnográfico Ruta do Patron; o almorzo no Restaurante Casa Pablo; e unha visita ó Museo Ramón María Aller. Ademais dentro desta ruta, se ofrece a posibilidade de percorrer as distintas instalacións da fábrica de queixos ³Pazo de Anzuxao² cunha charla acerca dos procesos de fabricación dos diferentes tipos de queixo e, posteriormente, son degustados; e finalmente pola tarde os excursionistas visitan a localidade de Lalín. Pola súa banda, a Ruta Arqueolóxica inclúe unha visita a Campo Lameiro e ó seu parque arqueolóxico e posteriormente o desprazamento ata o municipio de Cerdedo onde se visitan a Capela de San Antonio, as vías romanas, a zona máis céntrica da vila e outros puntos de interese.

 
 

 
síguenos también en Facebook
l
canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas
islasn
vinon
inmobiliarian
descubren
empleon
pueblosn
golfn
museosn
directorion
empresan
©Galicia en PáXinas S.L.
Todos los derechos reservados
.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 1024 x 768 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad