|
noticiasgalicia.-
A disparidade existente na actualidade nas taxas que os concellos cobran
aos seus veciños e veciñas pola recollida do lixo son abismais e non
se corresponden con diferenzas reais no custe do servizo según un estudio
(que se acompaña) elaborado pola Deputación de Pontevedra a través
do seu organismo autónomo ORAL.
O exemplo máis evidente e rechamante é o de dous concellos da comarca
de Pontevedra: Barro e Poio, que en 2011 eran, respectivamente, os
que tiñan a taxa máis barata (6 euros) e a máis cara da provincia (104).
O que pagaron o pasado ano os veciños de Poio pola recollida de lixo
é case 18 veces máis que o que pagaron os de Barro. Aínda que esta
diferenza se suavizou en 2012, ao subir Barro a taxa a 60 euros; as
diferenzas aínda entre uns concellos e outros seguen sendo moi grandes
e superan en moitos casos o 100% en concellos que prestan un servizo
moi similar ou practicamente idéntico.
Este ano, despois de que o 37% dos concellos subisen as tarifas, o
concello coa taxa máis baixa é Arbo, con 15 euros de cota e o máis
caro Poio, con 108. Este é un problema de falta de equidade que se
arrastra desde anos atrás pero que, con motivo da crise aflora. Así
que, según puxo de manifesto o presidenta da Deputación, Rafael Louzán,
é necesario dar unha solución a esta desproporción. Unha solución que,
hoxe por hoxe, non pode pasar por un incremento masivo e repentino
das tarifas (xa que o servizo de recollida de lixo é un servizo deficitario,
dado que non chega a cubrir os custos do servizo, que se estiman nuns
122 euros por fogar), senón por solucións alternativas que afonden
en tres aspectos:
A racionalización dos recursos
A mellora da eficacia do servizo
O abaratamento dos custes
Según Louzán, iso pode conseguirse apostando pola mancomunidade de
servizos: a prestación deste servizo aos concellos da provincia de
forma conxunta permitiría:
1.- reducir nun 50% os vehículos destinados a este fin e noutro tanto
o persoal (que podería desenvolver outras funcións nos concellos e,
en consecuencia, dar a posibilidade de que ese municipio incremento
ou mellore os seus servizos noutros eidos).
2.- Facilitar a relación e a negociación coa empresa xestora dos residuos
(Sogama) e abaratar a tarifa que actualmente ten por cada tonelada
de lixo que lle chega. Outra vía, que tamén podería ser máis doada
de xeralizar se se opta por un sistema mancomunado, é a promoción da
reciclaxe que hoxe en día é moi deficiente na provincia, impulsando
a concienciación cidadá para que separen na casa e mellorar a distribución
de contenedores para que facilitar esta tarefa.
|