banner   p   banner
linea
linea
    Galicia iconotiempo España
noticiasvigo  
p confidencial
  CORUÑA   SANTIAGO   FERROL   LUGO   OURENSE   PONTEVEDRA VIGO  Envio de titulares   Agregar a favoritos   Recomienda esta Página
linea
  | Pontevedra | Sanxenxo | Vilagarcía | Poio | Agolada   google callejero cine cine labolsa

A Praza de Abastos acolle a exposición de pintura "Vietnam in my hands Camboya in my eyes..."

 

redacción.- A nova colección pictórica do artista Alberto Badía encherá o primeiro andar da Praza de Abastos coas cores do sudeste asiático. A exposición "Vietnam in my hands Camboya in my eyes..." estará aberta entre os próximos 2 e 16 de febreiro e poderá visitarse en horario de mañá, de 9 a 14 horas.

A oferta foi presentada pola concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, acompañada do pintor vigués e do presidente da Asociación de Bulimia e Anorexia de Pontevedra, Juan Ramón Pérez. Os beneficios da venda do catálogo da exposición irán a esta asociación.

A concelleira destacou que esta é unha primeira iniciativa para explorar novas vías coas que dinamizar o Mercado de Abastos. Hai que dotalo de novos contidos con tirón que sirvan para achegar ao cidadán a este edificio máis alá da súa función tradicional, afirmou Román. A súa intención, a medio prazo, é diversificar a oferta, ofrecendo usos alternativos á compra-venda de alimentos, pero para elo precísase abordar previamente unha reorganización dos espazos que permita liberar o primeiro andar. A exposición de Alberto Badía permitirá contemplar e adquirir 16 obras que reflicten "momentos conxelados" do paso do artista por Vietnam e Camboya, nunha viaxe de busca persoal durante tres meses remontando o río Mekong. As obras, impresas sobre dibond (soporte aluminio), están marcadas polos trazos de os debuxos que se fusionan coa utilización das novas tecnoloxías.

A profusión de cores planas ensambla á perfección coa frialdade do aluminio, explorando un novo enfoque da técnica do collage. Alberto Badía explicou que durante a súa viaxe visitou numerosos mercados, cheos de balbordo e de xente que, ao igual que as peixeiras galegas, loita e traballa duro para gañarse a vida. As cores, os olores, os reflexos son cousas que tamén aprecia no propio Mercado de Pontevedra. É un edificio que me encanta, subliñou. E de aí xurdiu a idea de montar a exposición na Praza de Abastos. Será, recalcou, a primeira vez que expoña a súa obra fóra dunha sala de exposicións. A exposición está montada de tal xeito que os cadros se integran nos postos baleiros, polo que o primeiro andar compaxinará durante estes días a actividade propia da venda das froitas e verduras coa contemplación da obra de Badía. Un vídeo documental de 12 minutos acompaña a mostra a modo de resumo das vivencias do artista.

O documental pasarase de xeito permanente e como complemento das obras expostas. O acto inaugural contará con música en directo do músico Gonzalo Arca. Ex "Sugar Mountain" vén de iniciar a súa carreira en solitario. Presentará temas inéditos do seu último traballo "Rock&Soul en estado puro". O catálogo benéfico que se pode adquirir na mostra reúne as obras exhibidas con comentarios do artista, a memoria da viaxe, unha selección das fotografías tomadas na ruta e a nota de autor. Nel tamén colaboraron o músico Teo Cardalda, os pintores John Weeden e Sandra Llanas, xunto con profesionais da comunicación como Beta Álvarez (directora de Moda de Esquire), Vera Bercovitz (Vanity Fair) e a italiana Laura Bertaglia.

Juan Ramón Pérez agradeceu esta idea, que cualificou como moi orixinal, e desexou os maiores éxitos á exposición porque iso significará tamén un ingreso moi valioso para a Asociación de Anorexia e Bulimia de Pontevedra. Alberto Badía é un viaxeiro incansable que ten pasado na súa traxectoria vital por Londres, Jamaica, Bahamas, México, Holanda e Miami. Retornou a España en 1996, momento en que un destacado galerista catalán adquiriu a totalidade da súa obra, sempre de aire impresionista. Na súa produción pictórica destacan coleccións recentes con obras de gran formato expostas en España e Portugal: "Monografía", "Noches en vela", "Games", "Special waste" y "Especímenes".

 
 

 
síguenos también en Facebook
l
canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas
islasn
vinon
inmobiliarian
descubren
empleon
pueblosn
golfn
museosn
directorion
empresan
©Publicidad & noticiasgalicia S.L.
Todos los derechos reservados
.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 1024 x 768 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad