banner   p   banner
linea
linea
    Galicia iconotiempo España
noticiasvigo  
p confidencial
  CORUÑA   SANTIAGO   FERROL   LUGO   OURENSE   PONTEVEDRA VIGO  Envio de titulares   Agregar a favoritos   Recomienda esta Página
linea
          google callejero cine trafico labolsa

Á venta as entradas para o partido entre as seleccións femininas de fútbol de España e Austria

 

noticiasgalicia.- O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou o cartel do partido internacional entre as seleccións femininas de fútbol de España e Austria, que se disputará o mércores 15 de febreiro, ás 20:45 horas, no Estadio de San Lázaro, e avanzou algunhas das actividades programadas vinculadas co evento.

O edil estivo acompañado pola concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado; o seleccionador nacional de Fútbol Feminino, Ignacio Querenda,; o presidente da Federación Galega de Fútbol, José García Liñares; e a internacional española Verónica Boquete. Adrián Varela animou a todos os composteláns a asistir a este partido, que en palabras de Verónica Boquete, será "festa do fútbol feminino". Tamén nestes termos se pronunciou o seleccionador nacional, quen recoñeceu a importancia da futbolista para converte Santiago nun "referente" do fútbol feminino español. Pola súa parte, Paula Prado destacou que eventos como este pretenden contribuír a "fomentar a incorporación feminina ao deporte". O partido internacional entre seleccións está organizado pola Federación Galega de Fútbol e conta coa colaboración do Concello de Santiago. A compostelá Verónica Boquete, actual dianteira do Tyresö FF da Damallsvenskan de Suecia e internacional coa Selección Española, xogará nesta ocasión ante a afección da súa cidade. Para a celebración do partido habilitaranse inicialmente as zonas de tribuna e preferencia, polo que o estadio disporá dun aforo para a ocasión de máis de 4.000 persoas.

Localidades á venta
As localidades están á venda dende este xoves 2 de febreiro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, nas oficinas do Departamento de Deportes do Concello de Santiago, na porta 1 do Estadio Municipal de San Lázaro (tlfno. 981 528 730), e dende o luns 13 de febreiro tamén se poderán adquirir na billeteira do recinto en horario de 17:00 a 21:00 horas. A entrada para tribuna ten un prezo de 7 ¤ e a de preferencia de 5 ¤. Os menores de 14 anos poderán acceder de balde previa retirada da súa invitación a través da Federación Galega de Fútbol e, principalmente, dos clubs de fútbol da cidade, ata completar o cupo dispoñible. Calquera consulta en relación ás localidades debe tramitarse na Delegación en Santiago da Federación Galega de Fútbol, na porta 7 do Estadio de San Lázaro (tlfno. 981 581 755).

 
 
síguenos también en Facebook
l
canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas
islasn
vinon
inmobiliarian
descubren
empleon
pueblosn
golfn
museosn
directorion
empresan
©Publicidad y noticiasdegalicia S.L.
Todos los derechos reservados
.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 1024 x 768 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad