banner   p   banner
linea
linea
    Galicia iconotiempo España
noticiasvigo  
p confidencial
  CORUÑA   SANTIAGO   FERROL   LUGO   OURENSE   PONTEVEDRA VIGO  Envio de titulares   Agregar a favoritos   Recomienda esta Página
linea
          google callejero cine trafico labolsa

O Pleno municipal aproba a modificación do cadro de persoal de 2011

 

noticiasgalicia.- O Pleno aprobou definitivamente nunha sesión extraordinaria, cos votos favorables do grupo do Goberno e o negativo dos dous grupos da oposición, a modificación do cadro de persoal de 2011, unha vez estudadas e rexeitadas as alegacións presentadas.

A concelleira de Persoal, Amelia González, explicou que a modificación do cadro de persoal tiña os informes favorables respectivos. Neste sentido, indicou que a creación de tres postos de habilitados estatais de apoio -tesoureiro, interventor e secretario- non está suxeita á negociación colectiva nin á taxa de reposición de efectivos.

Na súa intervención de peche, o alcalde, Xerardo Conde Roa, recordou que ata agora o Concello dispoñía no seu cadro de persoal de seis prazas de habilitados estatais: tres interventoras, un secretario do Pleno, un secretario da Xunta de Goberno e un tesoureiro. Ademais, denunciou o ingreso neste cadro por sentenzas xudiciais de ata 20 traballadores nos últimos anos e o abundante número de interinos. Os gastos de todos estes supoñen uns dous millóns de gasto anual. A outra modificación do cadro de persoal tiña que ver coa regularización das direccións de área de Facenda e de Mobilidade. Esta última queda establecida como un cargo directivo, e non como persoal funcionario, tal como se reflectía ata agora.

As direccións de área son figuras reservadas para os municipios acollidos á Lei de Grandes Cidades. A concelleira de Persoal lembrou tamén que o custo das novas prazas vai ser inferior ao aforro que se producirá en toda a lexislatura pola redución de asesores e dedicacións exclusivas xa decretada. Así, as cinco prazas de asesores e tres de dedicacións exclusivas minoradas, sumadas a praza de director da área de Mobilidade modificada, suporán un aforro estimado en toda a lexislatura de preto de dous millóns de euros, segundo indicou.

 
 
síguenos también en Facebook
l
canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas
islasn
vinon
inmobiliarian
descubren
empleon
pueblosn
golfn
museosn
directorion
empresan
©Publicidad y noticiasdegalicia S.L.
Todos los derechos reservados
.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 1024 x 768 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad