|
noticiasgalicia.-
A Escola Municipal de Música de Santiago
(EMMS), propón dentro da súa nova programación para os vindeiros meses,
o Ciclo de Concertos da Banda e da Orquestra de Corda: "Música
nas Prazas" que terá como marco escénico, numeros espazos emblemáticos
da cidade Dende a EMMS considérase prioritario que as diferentes agrupacións
e instrumentistas que cursan estudos na mesma, como complemento á súa
formación, conten con diferentes oportunidades ao longo do ano nas
que dean a coñecer o seu traballo ás familias e aos cidadáns de Compostela.
A educación musical, debe pois, comprender este tipo de actividades
que redunden nunha maior sensibilización arredor da música, facendo
creíble o concepto que prima no proxecto pedagóxico nesta institución
musical: A música para todos e todas.
|