banner   p   banner
linea
linea
    Galicia iconotiempo España
noticiasvigo  
p confidencial
  CORUÑA   SANTIAGO   FERROL   LUGO   OURENSE   PONTEVEDRA VIGO  Envio de titulares   Agregar a favoritos   Recomienda esta Página
linea
          google callejero cine trafico labolsa

O Premio Compostela de Álbums Ilustrados consolídase como certame de referencia internacional e alcanza a súa quinta edición

 

noticiasgalicia.-O Concello de Santiago e Kalandraka Editora convocan o V Premio InternacionalCompostela de Álbums Ilustrados, dotado con 9.000 euros para o mellor traballo en concepto de adianto polos dereitos de autor.

O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa; o concelleiro de Educación, Ángel Currás, e o xerente de Kalandraka Editora, Xosé Ballesteros, presentaron esta nova convocatoria.

O prazo de presentación dos traballos rematará o 2 de marzo de 2012 e o fallo do xurado darase a coñecer en torno ao 2 de abril, no marco do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e das actividades da XII Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago. Conde Roa referiuse aos álbums ilustrados como un "instrumento cada vez máis interesante para a animación á lectura" e resaltou "proxección internacional" que o Premio lle outorga a Santiago. Á dimensión formativa tamén se referiu o concelleiro de Educación, afirmando que o álbum ilustrado é "o primeiro contacto dos máis pequenos con mundo do libro e un instrumento fundamental na aprendizaxe e para o fomento do hábito da lectura". "É unha honra ter un premio destas características", dixo.

Pola súa parte, o xerente de Kalandraka felicitouse por que un certame coma este se manteña malia as dificultades económicas. Expresou o seu desexo de que, como en edicións anteriores, "a participación sexa masiva" e de aí saía "un novo éxito. Indicou que se está configurando o xurado, o cal contará con "grandes nomes da ilustración española". O Premio Internacional Compostela está dirixido a autores e ilustradores de calquera nacionalidade que presenten obras orixinais e inéditas, escritas en calquera das linguas oficiais da Península Ibérica. As persoas interesadas en presentarse ao certame deberán enviar cinco copias do texto, tres ilustracións orixinais e cinco fotocopias en cor de cada unha delas, xunto cunha maqueta acabada de todo o proxecto.

O material, asinado baixo lema ou pseudónimo, enviarase ao Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa do Presidente Salvador Allende, 4, 15705 Santiago de Compostela). Kalandraka publicará a obra premiada nas cinco linguas oficiais peninsulares -galego, castelán, catalán, éuscaro e portugués- así como en inglés, en outubro de 2012. A editorial poderá publicar tamén os traballos que reciban unha mención especial. O xurado estará formado por profesionais de recoñecido prestixio no eido da literatura e da ilustración infantil. As bases completas de participación no V Premio Internacional Compostela pódense consultar nesta mesma páxina web e na de Kalandraka.

Álbums gañadores
A gañadora da primeira edición do Premio Internacional Compostela -ao que se presentaron 335 traballos- foi a arxentina Natalia Colombo, autora e ilustradora da obra titulada Cerca. Na convocatoria de 2009 -á que optaban 280 aspirantes- o mexicano Felipe Ugalde recibiu o galardón por Un gran soño. O autor Pep Bruno e a ilustradora Mariona Cabassa foron distinguidos na terceira edición polo libro A familia C, que competiu con outras 518 obras. O uruguaio Martín León Barreto gañou a convocatoria de 2011 co álbum A viaxe de Olaf, seleccionado entre 374 traballos procedentes de 19 países. A convocatoria deste certame encádrase na Campaña de Animación á Lectura que o Concello de Santiago e Kalandraka organizan anualmente no mes de abril, e que en 2012 chegará á súa duodécima edición. As actividades programadas -sesións de contos e música, obradoiros de ilustración e de escrita creativa, actos nas librarías da cidade, charlas para docentes e familias- chegan a máis de 5.000 escolares da bisbarra compostelá.

Condolencias O alcalde iniciou a comparecencia expreando as súas condolencias e as da Corporación cos familiares das vítimas do accidente acontecido na praia coruñesa do Orzán, así como a súa solidariedade coa cidade da Coruña nestes difíciles momentos.

 
 
síguenos también en Facebook
l
canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas
islasn
vinon
inmobiliarian
descubren
empleon
pueblosn
golfn
museosn
directorion
empresan
©Publicidad y noticiasdegalicia S.L.
Todos los derechos reservados
.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 1024 x 768 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad