Jaime
Gómez Márquez introduce e coordina unha sección de
"FEBS Journal" sobre DNA G-quadruplex
|
noticiasgalicia.-
A prestixiosa revista
científica "FEBS Journal", dedicada á publicación
de documentos de investigación nos distintos ámbitos
das ciencias moleculares da vida, publica no seu último
número unha serie de tres artigos asinados por destacados
científicos das universidades de Cambridge e Arizona
e do laboratorio de Xerontoloxía Molecular do National
Institute of Aging pertencente aos National Institutes
of Health dos USA, nunha sección chamada "Minireview
Series" sobre DNA G-quadruplex, coordinada polo catedrático
e decano da Facultade de Bioloxía da Universidade de
Santiago de Compostela, Jaime Gómez Márquez, quen tamén
fai unha introdución aos temas tratados nesta sección,
cun artigo, "DNA G-quadruplex: structure, function
and human disease".
O primeiro dos artigos desta sección é "Structure,
location and interactions of G-quadruplexes", da
autoría de Julian L. Huppert, do Laboratorio Cavendish
da Universidade de Cambridge, un científico que dende
o ano 2010 é membro do Parlamento Británico. O segundo
artigo está asinado por tres autores, investigadores
da Universidade de Arizona, Tracy A. Brooks, Samantha
Kendrick e Laurence Hurley e leva por título: "Making
sense of G-quadruplex and i-motif functions in oncogene
promoters". Unha das figuras representada neste
artigo foi publicada como portada da revista.
O terceiro dos artigos titúlase "G-quadruplex nucleic
acids and human disease" e ten como autores aos
americanos Yuliang Wu e Robert M. Brosh, O DNA G-quadruplex
é un tipo de estrutura secundaria do DNA (ADN) e, segundo
Gómez Márquez, este tipo de estruturas participan en
procesos moi importantes das células como o mantemento
dos telómeros (estruturas cromatínicas especializadas
que se atpan localizadas nos extremos dos cromosomas
eucariontes), transcrición, recombinación e tradución.
Hai enfermidades como a anemia de Fanconi, o síndrome
de Werner, o síndrome do cromosoma X-frágil, ou determinados
tipos de cancro que están relacionados coa existencia
de este tipo de estruturas no xenoma. Os científicos
consideran necesario afondar máis na función deste tipo
de estruturas no xenoma e, concretamente, o catedrático
de Santiago, Jaime Gómez Márquez ten varias investigacións
na relación dos G-quadruplex e a recombinación, tema
sobre o que este mesmo ano publicou un artigo de investigación
en ChemBiochem, outra revista científica de recoñecemento
internacional.
|
|
canal
islas
atlánticas
|
canal
vinos
|
canal inmobiliario
|
canal
viajar
|
canal
empleo
|
canal
pueblos
|
canal
golf
|
canal
museos
|
canal
directorio
|
canal
empresas
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|