banner   p   banner
linea
linea
    Galicia iconotiempo España
noticiasvigo  
p confidencial
  CORUÑA   SANTIAGO   FERROL   LUGO   OURENSE   PONTEVEDRA VIGO  Envio de titulares   Agregar a favoritos   Recomienda esta Página
linea
          google callejero cine trafico labolsa

Ábrese o prazo para anotarse no programa de actividades de benestar dirixido ás persoas maiores

 

noticiasgalicia.- . O Departamento de Benestar, dirixido por Ignacio Iglesias, vén de facer público o programa de actividades dirixido ás persoas maiores para os vindeiros meses. Na oferta presentada "hai unha liña de continuidade con talleres que xa se viñan realizando xa que existe unha participación e unha demanda que consideremos moi interesante manter" explica o edil de Benestar. O prazo para anotarse nos talleres comeza o 1 de febreiro e remata o 20 de febreiro. Para inscribirse en calquera das actividades, que son gratuítas, só hai que achegarse ó departamento de Servizos Sociais na Ramallosa ou chamar ó teléfono 981 809 707. Está previsto que a maioría das actividades comecen no mes de marzo.

Os talleres que se planificaron, ademais de atender a diferentes temáticas tamén se ofertan en diferentes parroquias, evitando a centralización excesiva. Os martes entre as 17:00 e as 18:30 horas haberá clases de pintura na escola de Lucí. Os mércores impártense manualidades entre as 17:00 e as 18:30 horas na Casa Común da Torre (Cacheiras). Os xoves hai obradoiro de envellecemento activo para os veciños de Calo e de Recesende. Será no local social de Calo entre as 17:00 e as 18:30 horas e no local social de Recesende entre as 19:00 e as 20:30 horas. Os venres no local sociocultural da Ramallosa haberá clases de bolillos entre as 17:00 e as 18:30 horas. Os últimos sábados de mes farase unha excursión do programa "Coñece o teu País" aínda que para asistir ás excursións hai que anotarse na primeira quincena de cada mes.

Segundo informan dende Benestar está previsto iniciar dende mediados de abril outro Obradoiro de envellecemento activo nas parroquias de Teo e Rarís, así como ximnasia terapéutica no CSC da Ramallosa. As persoas interesadas nestas actividades poden anotarse xa aínda que non comezaran de xeito inmediato. Para participar nos talleres ofertados hai que estar empadroado no Concello e ter máis de 60 anos ou máis de 50 anos se xa é pensionista. Respecto da admisión nas actividades terán prioridade as persoas de máis idade; en segundo lugar aquelas que sendo pensionistas teñan máis de 50 anos e en terceiro lugar as persoas que non teñan asistido no ano anterior a estas actividades. No caso de que existan vacantes poderanse admitir persoas que non cumpran os requisitos anteriores.

 
 
síguenos también en Facebook
l
canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas
islasn
vinon
inmobiliarian
descubren
empleon
pueblosn
golfn
museosn
directorion
empresan
©Publicidad y noticiasdegalicia S.L.
Todos los derechos reservados
.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 1024 x 768 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad