 |
noticiasgalicia.-
O Foro Galego de Inmigración formado
por asociacións e entidades de migrantes ou que prestan servizos a
estes colectivo de Galiza, esixe uns servizos de atención á poboación
inmigrante, nas cidades e principais concellos de Galiza, permanentes
e dotados dos profesionais necesarios.
Con ese obxectivo representantes das asociaciones e entidades que compoñen
o Foro , presentaron hoxe mércores día 25 de Xaneiro unha solicitude
aos Alcaldes de Santiago de Compostela, A Coruña e Ferrol (nesta cidade
o Acto trasladouse a mañá xoves día 26 de Xaneiro para coincidir cun
Pleno Municipal) ás 11:00 h nos respectivos Rexistros Municipais ,
desenvolvendo con posterioridade unha rolda informativa en paralelo
nas tres cidades . O contido concreto da Solicitude presentada de forma
conxunta nestes tres concellos lamenta a práctica eliminación ou a
reducción substancial dos servizos que prestan estas Unidades á comunidade
de persoas migrantes das cidades mencionadas dende comezos do presente
ano 2012, máis neste contexto de crise económica. Engadindo que:
1.- Permanentes: Independentemente dos convenios coa Xunta de Galiza,
debe haber garantía do seu mantemento por parte dos propios Concellos.
Facemos extensiva esta demanda para o conxunto de cidades de Galicia,
que pechan de feito estas Unidades varios meses ao ano. Esiximos tamén
á propia Xunta de Galicia máis recursos para estes servizos e un sistema
de financiación que permita o seu carácter continuado no tempo. Trátase
de dereitos da poboación migrante residente nas cidades e vilas de
Galiza, que deben prestarse en todo caso.
2. - Eses servizos deben contar como mínimo con dous profesionais directamente
contratad@s do ámbito do traballo social e de dereito, ademáis do persoal
administrativo ou responsable precisos. Compre recordar que coa actual
normativa de estranxeiría, os concellos teñen unha importante responsabilidade
coa elaboración dos Informes de Arraigo ou de Vivenda ou a súa colaboración
para a elaboración dos novos Informes de Intergración. Trátase dunha
documentación que as persoas migrantes deben xestionar ademáis en prazos
de tempo concretos e reducidos, e que poden ver moi comprometidas as
súas tramitacións documentais se non se cumpren os mesmos.
3.- Eses servizos deben ser prestados por profesionais especializados,
tentando garantir a súa continuidade e permanencia no tempo. Na medida
do posible consolidar no tempo a profesionais concret@s, coñecid@s
e valorad@s pola poboación migrante nestes dous ámbitos tan sensibles
para as persoas que se achegan aos mesmos é outro aspecto importante
a valorar.
Remata, Solicitando para as tres cidades e para o conxunto de cidades
e vilas importantes de Galiza: O mantemento das Unidades de Atención
as Persoas Migrantes co alomenos o equipo profesional que se recolle
no punto 2 do Escrito. Establecendo, sistemas e recursos que garantán
á permanencia continuada destes servizos con estes profesionais para
os vindeiros anos. No caso de Santiago de Compostela incluímos ademáis
na solicitude, o noso frontal rexeitamento á pretensión do goberno
muncipal de aprobar no Pleno Municipal de mañá xoves día 26 de Xaneiro
á eliminación do CONSELLO MUNICIPAL DAS MIGRACIÓNS.
|