 |
noticiasgalicia.- O
xoves 17 de maio, festividade da Ascensión, celebrarase
a tradicional Feira Cabalar no Mercado Nacional de Gando
de Santiago de Compostela, en Amio.
O programa inclúe a exhibición de doma con cabalos de pura
raza galega a cargo da sección de doma da Asociación Pura
Raza Cabalo Galego. Seis cabalos de pura raza galega inscritos
no libro xenealóxico da raza galega, tres domadores, unha
bailarina e un completo equipo de apoio, baixo a dirección
técnica e presentación de Jacobo Pérez Paz, poñerán en escena
o espectáculo que este ano acaba de presentar a asociación
na recén celebrada Feira da Pascua de Padron, en homenaxe
a Rosalía de Castro no cumprimento do 175 aniversario do
seu nacemento. A coreografía foi deseñada polos mestres
de doma da asociación e a coreógrafa e bailarina de danzas
tribais orientais Tamara Sánchez Ribadas.
O espectáculo poderase verse a partir das 12:30 horas no
recinto feiral. A coreografía conta con varios pases. Así,
en primeiro lugar, realízase unha presentación en pista
da raza autóctona cabalar galega con dous exemplares, explicando
as características do morfotipo da raza, a súa historia
e o seu arraigamento en Galicia. O segundo pase consta de
exercicios pé a terra en rendas longas, traballando exercicios
como o paso español, apoios, piruetas, elevadas, parapetos
e cabriolas. No terceiro pase, denominado "Paso a dous",
dous xinetes, montando cabalos de pura raza galega, realizan
unha fermosa coreografía de movementos sincronizados en
pista.
A cuarta entrega leva por título "Homenaxe a Abellón". Trátase
dunha coreografía con danza galego-oriental realizada pola
bailarina e coreógrafa Tamara Sánchez Ribadas e o cabalo
Balboa. Homenaxéase así a un cabalo da Asociación que percorreu
máis de 10.000 quilómetros ata chegar a Transilvania. Soará
o tema musical "Lavandeiras", de Carlos Núñez.
No quinto pase, "Tandem", un xinete con dous cabalos, un
montado e outro en rendas longas, realizará exercicios de
doma de alta escola. Finalmente, o sexto e último pase é
unha "Homenaxe a Rosalía", cun numero de traballos en liberdade
con dous sementais de pura raza galega baixo o poema "Negra
Sombra", da poeta galega, e o fado "Bágoas", da universal
Amalia Rodríguez. O espectáculo conta co co-financiamento
do Concello de Santiago de Compostela, da Xunta de Galicia
e do plan FEADER "Europa inviste non rural". A Asociación
agradeceu ao Concello o seu "decidido apoio na promoción,
fomento e difusión do cabalo de pura raza galega, raza autóctona
galega en perigo de extinción". O
|