|
noticiasgalicia.-
. Os máis de 35 anos de actividade
de ADEGA van parellos aos da historia da Educación Ambiental (EA),
que iniciouu a súa andaina aló por 1972 coa Declaración de Estocolmo.
Foi por esas datas cando decidiuse nomear o 26 de xaneiro como Día
Mundial da Educación Ambiental, nun esforzo da comunidade internacional
para a preservación e conservación do Planeta.
Porén, como sinala a SGEA, ese esforzo está en perigo porque a EA en
Galiza está a vivir un alarmante retroceso: Brutal recorte de actividades
e recursos; peche e infrautilización de equipamentos públicos; perda
de peso da EA no sistema educativo; despedimentos na administración
pública e desaparición de empresas; desbaldimento de recursos e falta
de coordenación entre administracións... Por iso, no Día Mundial da
Educación Ambiental ADEGA propón afortalar mais ca nunca, fronte á
inacción da Xunta, o papel dos colectivos sociais na difusión da EA.
ADEGA leva a cabo diversos programas de Educación Ambiental dende o
ano 2000. Esta liña de actuación tense consolidado e arestora é unha
das áreas prioritarias para ADEGA, con numerosos programas en diversos
eidos e unha equipa de traballo adicada a deseñalos e realizalos.
A Educación Ambiental dende o ecoloxismo é unha realidade no amplo
campo que ofrece esta disciplina de acción socio-educativa. No Libro
Blanco de la Educación Ambiental en España (MMA, 1999) recoñécese o
papel que desempeña este movemento social cando se afirma que ³...hai
que destacar o papel das asociacións conservacionistas e ecoloxistas
na xeración de conciencia e de corresponsabilidade da poboación na
mellora ambiental...². use o convenio básico bilateral entre a Xefatura
de Tráfico e o Concello polo que se formalizaba a adhesión ao convenio
específico subscrito entre a devandita Xefatura e a Federación Española
de Municipios e Provincias (FEMP) en materia de seguridade viaria.
|