banner   p   banner
linea
linea
    Galicia iconotiempo España
noticiasvigo  
p confidencial
  CORUÑA   SANTIAGO   FERROL   LUGO   OURENSE   PONTEVEDRA VIGO  Envio de titulares   Agregar a favoritos   Recomienda esta Página
linea
          google callejero cine trafico labolsa

O Foro de Directores de Hotel defende a internacionalización do sector turístico de Galicia

 

noticiasgalicia.- O Foro de Directores de Hotel reuníuse esta mañá no Hostal dos Reis Católicos para analizar asuntos relacionados cos principais obxectivos deste grupo de traballo que pretende por a disposición dos decisores públicos todo o coñecemento e a experiencia do sector privado. Polo que se refire ao Grupo de Promoción de Lavacolla, onde colaboran Hostelería Compostela, Concello e Cámara de Comercio, os membros do Foro falaron da necesidade de promover a especialización turística e de negocios do aeroporto de Lavacolla, aproveitando a proxección exterior de Santiago e do fenómeno Xacobeo, unha marca plenamente consolidada e actualmente en alza, como demostra a evolución dos datos de peregrinos chegados a Compostela nos últimos meses. Neste sentido Hostelería Compostela quere chamar a atención sobre a importancia de aproveitar as vantaxes para a conectividade internacional que o aeroporto de Santiago ofrece para toda Galicia dende o punto de vista dos usuarios, con máis frecuencias, conexións e mellores prezos e dende o punto de vista turístico, polo que é esencial consolidar as conexións existentes e diversificar a oferta actual con enlaces con outras compañías de baixo custo e tradicionais.

Tamén se analizaron as liñas de colaboración con Turgalicia para realizar diferentes viaxes de familiarización, en colaboración cos hoteis que pertencen a Hostelería Compostela, no que se bota en falla a presenza de operadores internacionais e xornalistas, e as accións formativas en materia de novas tecnoloxías e reputación online que se van desenvolver nos vindeiros meses en colaboración co Concello de Santiago para mellorar a alta calificación do destino a nivel de grao de satisfacción dos clientes nos establecementos de hospedaxe e restauración. Os diferentes grupos de traballo do Foro de Directores de Hotel deron conta de varias accións desenvolvidas no eido da promoción, colaborando con outras administracións, como a Campaña Compostela Destino Cinco Estrellas presentada recentemente en Fitur, ou diferentes ideas para a promoción de Santiago como destino de Turismo de Congresos, Turismo Senior, Turismo Accesible, Turismo Académico e Idiomático, Turismo Deportivo e outras accións promocionais imaxinativas e impactantes para tratar de contribuir á desestacionalización turística de Santiago de Compostela e Comarca.

O Foro de Directores de Hotel tamén analizou os datos de ocupación hoteleira nos últimos meses nos establecementos de Santiago e destacou a importancia que cobra actualmente o fomento do turismo internacional para mellorar estes datos e os índices de rendibilidade hoteleira, contribuíndo á desestacionalización turística e á reactivación económica de Galicia e de Santiago, que é a principal porta de entrada a Galicia do turismo internacional e a cidade galega con maior proxección internacional e co maior grao de especialización turística. Neste sentido fixeron unha análise dos datos de ocupación nos últimos anos e puxéronos en relación cos datos de tráfico aeroportuario de Lavacolla, que é o único aeroporto de Galicia que medra a pesar de ser o que recibe menos diñeiro público para os patrocinios publicitarios que fomentan a conectividade aérea de baixo custo.

Nos vindeiros días, Hostelería Compostela vai facer unha valoración dos datos do ano 2011 e das perspectivas de cara ao 2012. Os directores dos hoteis están moi preocupados polas tendencias negativas que o sector turístico de Galicia está a manter nos últimos meses, e que contrasta co enorme potencial de internacionalización do sector turístico que Galicia posúe grazas á enorme proxección exterior de Santiago de Compostela e dos Camiños de Santiago, unha marca plenamente consolidada que debe ser mellor aproveitada por parte das administracións, fomentando a conectividade aérea internacional de Lavacolla e a complementariedade cos outros dous aeroportos de Galicia, cunha estratexia coherente, racional e dominada por unha lóxica empresarial e de país, máis aló de localismos e de políticas de curto prazo. Neste sentido o Foro de Directores pon todo o seu coñecemento, información e experiencia do sector turístico a disposición das Administracións para orientar as decisións que poidan conducir ao deseño dunha política aeroportuaria única e optimizadora de recursos, que aproveite todo o potencial das infraestruturas aeroportuarias que posúe Galicia, convencidos de que o turismo pode e debe protagonizar a recuperación económica de Galicia grazas ao seu enorme potencial de internacionalización.

 
 
síguenos también en Facebook
l
canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas
islasn
vinon
inmobiliarian
descubren
empleon
pueblosn
golfn
museosn
directorion
empresan
©Galicia en PáXinas S.L.
Todos los derechos reservados
.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 1024 x 768 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad