banner   p   banner
linea
linea
    Galicia iconotiempo España
noticiasvigo  
p confidencial
  CORUÑA   SANTIAGO   FERROL   LUGO   OURENSE   PONTEVEDRA VIGO  Envio de titulares   Agregar a favoritos   Recomienda esta Página
linea
          google callejero cine trafico labolsa

Estreas de curtametraxes e varias conferencias completan o programa do LAV012 de Vedra, no que aínda hai prazas en tres cursos de formación

 

noticiasgalicia.- O concello de Vedra acolle os días 4, 5, 11 e 12 de febreiro as V Xornadas de Formación e Mostra Audiovisual LAV 012, organizadas pola Asociación Cultural Senunpeso. Nas xornadas de formación, consolidadas como unha das principais alternativas de formación audiovisual non regrada en Galicia, están esgotadas as prazas en todos os cursos agás en tres, nos que aínda é posible matricularse: animación stop motion, storyboard e taller de curtas dirixido a alumnado da ESO.

O LAV 012 é tamén un punto de encontro entre profesionais e afeccionados ao audiovisual a través da mostra de curtametraxes e as conferencias programadas. Conferencias As conferencias son un dos elementos máis atractivos da presente edición do LAV012. Están programadas tres conferencias abertas a todo o público que serán transmitidas en streaming online a través da web www.senunpeso.org. O sábado 4 ás 19:45 h, a produtora Fernanda del Nido (Tic Tac Producciones, produtora de 18 comidas ou Tralas luces) falará de "Como facer visíbibel o meu proxecto" unha introdución aos materiais xerais para presentar un proxecto e aos cursos, obradoiros e laboratorios para desenvolvelos. O domingo 5 ás 18h o especialista en márketing e comunicación Iñaki Quenerapú ofrecerá a conferencia "Vivir na nube², na que falará dos cambios que se aveciñan na maneira de traballar en internet co novo paradigma: "a nube".

A última das conferencias será a que o coñecido actor e narrador oral Avelino González ofrecerá o sábado 11 ás 19:45h. Co título "Hai que saberse o texto?", falará de como un actor ou unha actriz prepara unha secuencia e en que medida ser fiel ao guión. Todas as conferencias terán lugar no Salón de Actos da Casa da Terceira Idade de Vedra. Estreas audiovisuais A mostra audiovisual volve nesta quinta edición presentar proxectos recentes de novos creadores galegos. A programación ábrese o sábado 4 ás 20:30 coa presentación do libro Galicia en clips, un texto de Fernando Fernández Rego e Pablo Portero que repasa a historia.

 
 
síguenos también en Facebook
l
canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas
islasn
vinon
inmobiliarian
descubren
empleon
pueblosn
golfn
museosn
directorion
empresan
©Publicidad y noticiasdegalicia S.L.
Todos los derechos reservados
.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 1024 x 768 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad