banner   p   banner
linea
linea
    Galicia iconotiempo España
noticiasvigo  
p confidencial
  CORUÑA   SANTIAGO   FERROL   LUGO   OURENSE   PONTEVEDRA VIGO  Envio de titulares   Agregar a favoritos   Recomienda esta Página
linea
          google callejero cine trafico labolsa

O reitor négase a cumprir o compromiso de estabilización dos 17 Parga Pondal a pesar de que o Consello de Goberno desestimase a súa proposta

 

noticiasgalicia.- O reitor da USC , Juan Casares Long, desbota a estabilización dos 17 investigadores do programa Parga Pondal como tiña comprometido e prevé deseñar "novos indicadores estruturais" para sacar a concurso novas prazas de persoal docente investigador (PDI) no futuro.

Casares Long informou que non ten intención de cumprir co compromiso de estabilización vixente cos investigadores e que os seus plans pasan por deseñar novos indicadores estruturais para identificar as áreas do coñecemento nas que se sacarán no futuro novas prazas de persoal docente investigador (PDI). O reitor da USC, que non atende unha petición de reunión feita polos investigadores do programa Parga Pondal para abordar a nova situación, non parece ouvir ao Consello de Goberno, que aceptou os recursos destes investigadores e deixou sen efecto a decisión da Consello de Goberno extraordinario do 29 de novembro de estabilizar só 5 dos 17 IPP que concluíron o seu contrato en decembro de 2011. Os investigadores do programa Parga Pondal denuncian que o reitor, e o seu equipo de goberno, non fixeron ningunha proposta para resolver a estabilización deste colectivo, nin daqueles IPP e Ramón y Cajal (RyC) que finalizarán o contrato a finais de 2012.

"É preciso non dilatar máis o programa de estabilización. Está en xogo unha subvención de dous millóns de euros, xa que a Xunta de Galicia asegura durante tres anos, mediante o programa Manuel Colmeiro, o custo total dos contratos estables de IPP avaliados positivamente que se asinen antes do mes de xuño.Por este motivo, o equipo reitoral debe asumir xa os compromisos adquiridos cos IPP/RyC e non ligar a súa estabilización aos novos criterios estruturais que se definan a partir de agora, cando os 17 investigadores xa superaron a súa propia avaliación", explican os afectados. Para facer efectiva a estabilización, os Parga Pondal amósanse dispostos a estudar as mellores opcións para a USC.

Rigor e responsabilidade
A plataforma USC Futuro, que agrupa aos dous colectivos afectados, está disposta a colaborar có equipo reitoral no deseño deses indicadores estruturais, pero coa condición de que o reitor asuma os compromisos de estabilización dos IPP/RyC, que xa no seu día responderon aos criterios estruturais definidos. Ademais, dende a plataforma abundan na necesidade de ser rigorosos e actuar con responsabilidade dentro da USC. "A estabilización de docentes investigadores IPP/RyC non se pode decidir cada ano botando unha moeda ao aire, redefinindo criterios estruturais sen buscar un consenso entre os diferentes colectivos e plataformas da comunidade universitaria. Os criterios e indicadores que se definan agora deben servir para a captación de novos IPP/RyC, e non para limitar o número de estabilizacións de IPP/RyC captados seguindo os anteriores criterios estruturais" apuntan dende a plataforma USC Futuro.

 
 
síguenos también en Facebook
l
canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas
islasn
vinon
inmobiliarian
descubren
empleon
pueblosn
golfn
museosn
directorion
empresan
©Galicia en PáXinas S.L.
Todos los derechos reservados
.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 1024 x 768 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad