 |
noticiasgalicia.-
O grupo de investigación en Radiofísica da USC construíu
o maior detector de Tomografía Computerizada por Raios X
dos existentes en España, un sistema de detección de 1,5
metros de lonxitude activa total. É un proxecto desenvolvido
ao longo do último ano e medio en colaboración co centro
tecnolóxico da Asociación de Investigación Metalúrxica do
Noroeste (AIMEN) para a inspección de fósiles a través dun
contrato co Institut Catalá de Paleontología (ICP) de Sabadell.
O sistema entregarase proximamente a AIMEN para a súa integración
e ensamblaxe final en Sabadell. O traballo do grupo que
coordina o profesor Faustino Gómez servirá para a dixitalización
de fósiles situando ao ICP entre os centros punteiros de
Europa nesta nova tecnoloxía, que permite a reconstrución
virtual do fósil dentro da roca sen necesidade de realizar
a súa extracción física da roca.
O enorme sistema de tomografía, que se instalará nunha sala
xa existente do ICP especialmente acondicionada, facilitará
a inspección de fósiles pétreos de gran tamaño, de ata 100
centímetros de diámetro, 120 de altura e un peso de 500
quilogramos.
O sistema detector consta dunha matriz lineal de 3840 canles
de lectura cun tamaño de pixel de 0,4 milímetros usando
Tungstenato de Cadmio segmentado como elemento de detección
e permitindo traballar con enerxías de ata 450 Kv. O dispositivo
acaba de ser ensamblado nos laboratorios do grupo de Radiofísica
na Facultade de Física. S
|