SANTIAGO
El Tiempo

O concello instala novos colectores de recollida selectiva

noticiasgalicia.- O Concello de Teo vén de mercar colectores para a recollida selectiva de lixo para o vidro, para o papel e o cartón, e para os envases lixeiros. O Concello mercou estes colectores con cargo aos fondos propios e sen contar con subvencións doutras administracións. A colocación de novos colectores é "unha demanda xeneralizada entre os veciños e veciñas de Teo do que somos conscientes" explica Rafael Sisto, tenente alcalde. Neste momento mercáronse dezaseis colectores azuis para o papel, dezaoito iglús verdes para o vidro, e quince amarelos para os envases lixeiros.

Segundo explica Sisto "aínda que neste momento non existen liñas de subvencións doutras administracións supramunicipais das que nos poidamos beneficiar asumimos que a xente ten que ter resultados ás demandas". Nos últimos días comezaron a instalarse os novos colectores tendo en conta as zonas comúns como zonas residenciais e tentando atender as peticións veciñais. O municipio contaba ata o dagora con corenta e tres colectores azuis para o papel, cincuenta e un verdes para o vidro e trescentos dous amarelos para os envases lixeiros.

Esta medida súmase á instalación dos minipuntos limpos que colocou o Concello nos últimos meses nas zonas dos Tilos, Cacheiras, Montouto e Milladoiro para fomentar a recollida selectiva do material de refugallo. Dende o Concello tamén se explica que se ten solicitado diante da Consellería de Medio Ambiente máis colectores soterrados, xa que neste momento Teo só conta con eles en Montouto.

canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas