banner   p  
rotulosgalicia
linea
linea
    Galicia iconotiempo España
noticiassantiago  
p confidencial
  CORUÑA   SANTIAGO   FERROL   LUGO   OURENSE   PONTEVEDRA VIGO  Envio de titulares   Agregar a favoritos   Recomienda esta Página
linea
          google callejero cine cine labolsa

O Foro Galego de Inmigración convida á cidadanía galega a participar do Día Mundial das Persoas Migrantes o día 18 de decembro

noticiasgalicia.- O Foro Galego de Inmigración formado polas asociacións e entidades recollidas ao final convoca e convida ao conxunto da cidadanía galega a participar nos Actos e Actividades que desenvolverá en relación coa celebración do Día Mundial das Persoas Migrantes o día 18 de decembro en diferentes lugares de Galicia. Os actos e actividades serán:

En Santiago de Compostela: Acto lúdico-reivindicativo que terá lugar no salón de actos do Museo do Pobo Galego e na Praza do 8 de Marzo entre as 11:00h e as 14:00h do domingo día 18 de decembro, que incluirá actuacións musicais e lúdicas. No transcurso do mesmo diferentes persoas de diferentes colectivos de migrantes afincados na cidade lerán o Manifesto Revindicativo. Este Acto conta co apoio e colaboración de colectivos veciñais e sociais do Barrio de San Pedro Para a difusión do Acto lúdico-revíndicativo entre a cidadanía, realizaremos un reparto de folletos informativos hoxe venres día 16 de marzo na Porta do Camiño entre as 17:00h e as 20:00H.

En A Coruña no local da Asociación Amespa (Rúa Ramón Cabanillas 2-entrechan A Coruña): Cine-Forum e festa reivíndicativa o domingo día 18 de decembro as 12 horas.

En Ferrol, o Foro Galego de Inmigración participará nun acto con Radio Filispim, Colectivo Ártabara 21, Marcha das Mulleres, a Revolta, e Fuco Buxán entre outros colectivos de conmemoración do día das persoas migrantes que servirá tamén para amosar a solidariedade co Colectivo Lazos que traballa con persoas afectadas polo VIH o dia sábado 17 de decembro ás 11 horas na Traseira do Mercado de Caranza, Rúa Cuco Ruiz de Cortázar S/N.

O Manifesto que se lerá nestes actos abordará os seguintes temas principais:

1.- A situación xerada pola normativa autonómica que restrinxe o acceso á tarxeta sanitaria para as persoas migrantes ou non sen recursos, O Foro Galego de Inmigración ven de apoiar o recurso presentado pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública diante do Valedor do Pobo ante a claro incumprimento de dereitos humanos fundamentais , de dereitos constitucionais e mesmo de normativas estatais de maior rango que supón esta normativa. Dun xeito especial incidimos no recurte fundamental que supón establecer un período de 183 días de empadroamento previo para ter dereito ao acceso aos servizos derivados da tarxeta sanitaria, feito que ten unha grave incidencia sobre os colectivos migrantes máis vulnerables pola súa situación de irregularidade administrativa, así como para outras persoas que se poidan atopar en situacións de exclusión social. Consideramos intolerable este ataque a dereitos básicos das persoas que ademáis se perpetra dun xeito especial contra as persoas en maior situación de vulnerabilidade.

2.- En relación cos cambios derivados da nova normativa que afectara dende comezos de ano ás empregadas de fogar, salientamos que a pesar de certos avances importantes no campo dos dereitos laborais en temas de contratación, cotización á seguridade social, ou recoñecemento das baixas laborais, segue a ser incompleto porque non recoñece dereitos fundamentais como o dereito á prestación por desemprego. Analizaremos ademáis o proceso de implantación da mesma xa que puidera provocar unhas indesexadas consecuencias de aumento do traballo irregular, na economía submerxida, xa moi elevado na actualidade neste sector profesional. Esixiremos ás máximas garantías por parte das administración públicas competentes para que se cumpra este nova normativa e haxa unha persecución rigorosa das irregularidades que se poidan cometer neste ámbito.

3.- Por último, en relación coa situación dos servizos públicos de atención ás persoas migrantes en Galicia que na actualidade se manteñén nas principais cidades e comarcas en base a convenios coa Xunta de Galicia que rematan a final de ano, e como xa manifestamos noutras ocasións, con independencia da procedencia do financiamento, compre a obriga de manter uns servizos públicos especializados cara a este colectivo de forma permanente, máis nun contexto de fortes recurtes dos servizos públicos en xerais e dos servizos sociais en particular, que para o colectivo migrante de Galicia supuxo no presente ano 2011 a retirada das poucas vías de financiamento do asociacionismo que existían, facendo moi difícil a situación das asociacións de migrantes, con problemas de peches de locais, endebedamentos, etc que comprometen a propia existencia de moitas delas.

canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas