|
|
 |
|
 |
 |
|
|
|
Os socialistas denuncian
que o goberno de Feijóo non vai ampliar nin incrementar
as instalacions dos colexios de Roxos e Lamas de Abade
|
noticiasgalicia.-
O portavoz de Ensino do Grupo Parlamentario dos Socialistas
de Galicia, Guillermo Meijón, interveu na Comisión 4ª
do Parlamento para interpelara o Goberno de Feijoo sobre
as previsións da Consellería de Educación sobre as reclamacións
da comunidade educativa do Colexio de Educación Infantil
e Primaria de Roxos relativas á ampliación das súas
instalacións, así como as de incremento dunha nova unidade
de educación infantil no Colexio de Lamas de Abade.
Ali denunciou que o Goberno de Feijoo non vai ampliar
nin incrementar as instalacións destes colexios da Comarca
de Santiago. Guillermo Meijón sinalou na súa intervención
que no CEIP de Roxos a comunidade educativa pretende
ampliar as instalacións do centro xa que as existentes
actualmente non abondan para dar resposta ás solicitudes
de matricula dirixidas a este centro. Lembra que esta
situación xa conta con resposta positiva pos parte do
goberno municipal, reservando para o centro un terreo
colindante de 3.150 m2 que permita facer realidade esta
ampliación.
No que se refire ao CEIP Lamas de Abade a comunidade
educativa entende razoable pasar de cinco a seis aulas
de Educación Infantil, xa que contan con poboación escolar
suficiente para evitar mesturar alumnos de cursos de
idades distintas. Ademais dispoñen de espacio suficiente
para asumir o incremento da citada unidade. Neste punto
puxo en valor o traballo da Asociacións de Nais e Pais
de alumnos e da Dirección do Centro en coordinación
co propio do Concello para ampliar estas instalacións
conxugando futuro e calidade educativa. O parlamentario
socialista argumentou que o crecementos urbanístico
destas areas de Santiago debe ir acompañada dun crecemento
dos seus respectivos centros educativos.
Fixo alusión as numerosas vivendas de novas contricción
nesta zona "este crecemento poboacional debe ir
acompañado de medidas que impulsen e conxuguen o futuro
coa calidade educativa", asegurou Meijon. O portavoz
socialista reclamoulle ao Director Xeral de Centros
da Consellería de Educación "que recapacite sobre
esta decisión", sobre todo " para dar unha
reposta clara ao compromiso do Concello de Santiago
que pretende combinar a expansión urbanística da cidade
cunha planificación educativa coherente e de calidade
de excelencia", aseverou. Afirmou que é un compromiso
que os socialistas composteláns teñen amosado con obras
en centros educativos que a día de hoxe superan os 900.000
euros tendo todavia pendente a planificación de obras
no verán.
A folla de ruta do PP
Por último o portavoz do Grupo Parlamentario Socialista
Xoaquín Fernández Leiceaga definiu a folla de ruta de
Feijoo no tocante ao sistema publico educativo galego
coma un cúmulo de "despropósitos e de desprestixio
cara a ensinanza publica de Galicia". Nese senso
aludiu incremento do prezo dos comedores a principio
de curso, o cambio de modalidade dos pagos polas familias
que tivo que ser rectificado a toda presa por ineficaz
e inxusto, o peche de comedores previstos nas provincias
de Lugo e Ourense, a reducción de persoal e a privatización
progresiva dos mesmos, son bos exemplos que reflicten
claramente as actuacións do goberno da Xunta de Galicia.
|
|
canal
islas
atlánticas
|
canal
vinos
|
canal inmobiliario
|
canal
viajar
|
canal
empleo
|
canal
pueblos
|
canal
golf
|
canal
museos
|
canal
directorio
|
canal
empresas
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|