|
XA FAI TEMPO, PERO TODO SIGUE O MESMO
Atopabámonos na capital do reino, un moi boa amigo, que xa finou,
e máis eu, por mor de asuntos de cuestións pesqueiras. Cando rematou
o que iamos arranxar, no momento de esperar a saída do tren, paseabamos
polo andén, cando a min ocorréuseme preguntarlle, quén andaban co
contrabando do tabaco no seu pobo. E respondeume que, lle preguntara
quen non andaban, pois seríalle máis fácil responderme.
Hoxe gustaríame preguntar a algún político, dende o máis pequeno
posto que ocupa, ata o máis alto, inda que sei que ten que habelos
honrados e decentes, dentro da corrupción na política de hoxe, por
qué queren estar en postos e tamén nos do propio partido, pero nos
que mandan. Pois non coido que teña que facer o daquel filósofo
Dióxenes, chamado o "Cínico", que andaba cun candil buscando
un home. Eu andaría coa luz do sol, e buscaría mil homes honrados,
decentes e pudientes económicamente (dos corenta e tantos millóns
que somos), que foran capaces de entrar a política deste país, onde
abundan os "mangantes", onde a corrupción nos bandos que
teñan poder, está a ollos visto, como se está descubrindo en toda
a pel de touro, para limpala dunha "puñetera" vez. Xa
que aparecen polos catro puntos cardinais, ladróns, prevaricadores,
falsificadores de documentos, sobornos, blanqueadores de cartos,
aproveitados de subvencións raras, etc. etc. Personaxes que surxen
na política, dun nivel, dunha catadura e calaña, que cada día nos
deixan abraiados cando nos enteramos polos medios de comunicación.
Gustaríame atopar eses mil homes honrados, decentes, traballadores,
ca súa vida arranxada, e con gañas de servir os demais, e quixeran
encargarse de limpar e gobernar esta España, que fai auga polos
costados e pola popa, máis, sería o "milagro" coma o do
pan e os peixes. Pero estes "merlos brancos" xa teñen
a súas ocupacións que non queren deixar, e algún que pensa así como
eu digo, ten que irse, pois os "tiburóns" que o rodean,
o ver que non e da familia dos "escualos" fan o posible
para que se vaia. Cómo todos sabemos de algúns casos! Pero sempre
a todos niveis, están os de sempre prestos a responder, dende o
limpa chaquetas, achanza lombos e baixa testas, pelotas maiores
e menores, mans largas, etc., son os que sempre están na liña de
saída; e son os que se queixan dos sacrificios que fan, e todo o
que eles traballan polos demais cidadáns (non por eles). E cando
os deixan fora, primeiro falan mal dos seus antigos xefes e compañeiros
de correrías, e despois organizan algo para poder colocarse eles
de novo. E os que non estiveron no poder, ou non chegaron a estar
onde está, falan e falan ata que chegan, para facer o mesmo ou peor
que os que criticaban. Todos queren o mellor para o cidadán e non
para eles, xa se ve, dende os postos de concelleiros e deputados
ata os máis altos, en Autonomías, Cámaras, ou Europa. Sempre polo
ben dos demais, nunca polo deles. Fariseos! Ónde andaran eses mil
homes? Qué utopía!
Así, deixaríanse fora a estes traballadores polos cidadáns, que
sempre queren estar no meollo e queixándose dos sacrificios que
fan. Ou sexa, queren estar na procesión e repicando. Fixémonos que
sempre son os mesmos os que quedaron fora e queren recuncar. Por
algo será, que queiran estar sempre con un posto? Así nos vai...!
06//02/12
 |
|