TRIBUNA ABIERTA
OLLO DE VIDRO| Jorge Emilio Bóveda |

Agora é cando, Galicia é onde

AGORA É CANDO seguimos sen liberarnos das contradicións que nos fan contexto, baseadas nos intereses dunha minoría e en pancadas constantes á ética, esa grande deostada. Miramos con indiferencia occidental o terror do radicalismo islámico coas lapidacións brutais e carniceiras e nos apiadamos do inefable Berlusconi por sufrir unha agresión surrealista que me lembra a cando miña avoa, coitada, sendo cativo, me dicía que me ía partir un demo na cabeza, coma se fose o primeiro que puidese ter a man, por non dicir outra cousa calquera, como unha bóla de petanca unha réplica en estuco da estatua da liberdade ou unha reproducción en miniatura do Duomo de Milán. Máis de un entenreceu co pobre epulón sangrante e máis de dous defenden que quizais estea el mesmo na xénese intelectual da agresión. Por que non? non sería tan esaxerado nun mundo monopolizado pola imaxe occidental como manipulación capciosa da realidade. Cómo nos doeu o colapso mediático das torres xemelgas e que pouco nos amosaron os atropelos no Iraq.

AGORA É CANDO se vai prohibindo unha e outra vez beber na vía pública, fumar en calquera sitio pechado (volveremos á lei seca?), ou as corridas de touros que contextualizan a metade sur da meseta (que me importan mais ben "plin"), GALICIA É ONDE non hai lei que regule o enchufismo dos pais cos propios fillos, como é o caso do noso ínclito virrey Baltar a la maniera de Sarkozy e vástago, nin o marasmo de "ismos" que leva adxunto: Clientelismo, caciquismo, amiguismo... E di todo cheo don Baltar que o fillo non é retrasado ningún e que é enchufable porque estudou unha carreira e é moi válido e competente e apropiado e como Feijoó lle dixera que quedara un chisquiño mais mentres estudaba súa sucesión optou por incomodarse criticando aos que criticaran súa querencia pola poltrona e decidiu marchar, non sen antes deixar o curral ben seguro cun membro da "famiglia"; un neno estudiado nos mellores colexios que non se vai perder polos aciagos vieiros da vida azarosa podendo amarrar ao abeiro de papá, a comer a sopa boba e a vivir e a pensar que nos representa a vostede e mais a min. Sen dúbida co único que quedo do virrey Baltar é coa sinceridade das súas palabras. Sinceridade que lapida nosas bocas mudas. Nada mais.

GALICIA É ONDE Feijoó tentou cortar a sucesión dinástica e iso hónrao un chisquiño, pero pesa mais a "destinción" que se lle segue a facer á Galicia nosa en xeral e á miña Auria en particular. Destinción na Galicia supostamente españolizada de Núñez Feijoo. Destinción no Ourense de Baltar cun socialismo tímido na espesura da fraga e onde nunca houbo infraestructura para os novos e o futuro posible e probable radica nas oposicións; regaladas en casa Baltar e suadas ate a extenuación exportas. Onde non se nota moito o [soft]cialismo, onde se goberna sen moito carisma, onde Baltar move os cartos públicos e ninguén di ren porque dun xeito ou doutro, máis directa ou indirectamente, están relacionados con el, nunha sorte de Fuenteovejuna soterrada e subrepticia. E algúns dos que se atreven a criticar o que cae de caixón devecen por ser beneficiados por súa maxestade Baltar e súa prodixiosa rede de influencias. Non saben vostedes ata que punto moitas persoas lle "deben" o voto a ese señor e seu sistema de influencias.

AGORA É CANDO podería facer a gracia co slogan macarrónico que escolleron para a celebración do ano santo compostelán, cuxa publicidade foi encargada a empresas foráneas, como se quixeramos loar as virtudes do marisco das nosas rías e para facer unha promoción comprarámolo na lonxa de Aguilar de Campoo (se é que hai lonxa en tal sitio e venderan marisco galego), pois GALICIA É ONDE se cocen as fabas que probarán os amigos do que as coce, co risco de que cada vez hai menos fabas, e as influencias estenden súas gadoupas dende as diputacións ata os concellos, que agora xeran perdidas. Pero non penso facelo pois AGORA É CANDO me poño serio ao pensar que GALICIA É ONDE vivimos...



21/12/09

No hay comentarios
©Galicia en PáXinas S.L.
 | gpx.es | noticiasgalicia.com | ViajarGalicia.com | parquenaturalislasatlanticas.com | vinosgallegos.net | golfgalicia.net |
| directoriowebsgallegas.com | pueblosdegalicia.com | confidencialgalicia.com |
Todos los derechos reservados
.-E-mail: noticiasgalicia@gpx.es Optimizada para 800 x 600 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad