TRIBUNA ABIERTA
OLLO DE VIDRO| Jorge Emilio Bóveda |

Querido Andrés

Como o gardián entre o centeo xa non mira (realmente levaba case cincuenta anos sen mirar) os adultos nos empeñamos en pronunciar con rabia palabras malsoantes, alleos a que os micrófonos están abertos. Accións que poñen de manifesto que a presenza pública dalgúns personaxes públicos non é máis ca unha impostura co interese propio como designio; desfiles untados polo verniz da hipocrisía; un baile de máscaras coma os que se vivirán nos entroidos desta tempada, pero con moita menos graza.

Estes personaxes exhiben súas máscaras e se moven ­nos movemos- ao ditado de intereses persoais co falso estandarte do ben común, emulando a esas quenllas internacionais, enfermas de amor polo diñeiro, que se aproveitan da crise para amorear máis. Nun mundo esaxeradamente interesado no interese, pois interesa ter a conta corrente grande, o teléfono móbil pequeno, o atractivo físico grande, o sacrificio pequeno, o éxito sexual grande, o movemento corporal pequeno, o coche grande, o ordenador portátil pequeno, a cobiza grande, a forza de vontade pequena...

Hai séculos interesaba parecerse a Grecia, berce da cultura occidental onde comezou o que somos. Hoxe non, que é crematísticamente pobre, e nos ofende que se establezan parangóns entre Grecia e España. Cando deberíamos devecer por parecernos máis do que nos parecemos, que máis quixeramos! (cribo cultural, enténdaseme). Pois a economía obsesiva, aciaga crise económica aparte, devolve á realidade os vellos complexos, os vellos estereotipos da criba económica entre países. Grecia non interesa, nin Portugal, nin Letonia. Interesa o delirio de se saber sétima potencia mundial.

Interesa quedarse cos datos e perder as perspectivas. Non interesa volverse espartanos, nin sequera semellar austeros. Haití está aí, pero tamén África, e seguimos a consumir sen racionalizar. Non interesa o raciocinio. Se non consumimos, a economía aínda afunde máis, nesta crise que ven de occidente, e pola que interesa desacreditar e descabezar ao goberno saínte para meterse o entrante, para demostrarnos axiña que non se trata de cores xestoras senón de ineficacia humana. O maior dos males. E aínda por riba non interesa.



09/02/10

No hay comentarios
©Galicia en PáXinas S.L.
 | gpx.es | noticiasgalicia.com | ViajarGalicia.com | parquenaturalislasatlanticas.com | vinosgallegos.net | golfgalicia.net |
| directoriowebsgallegas.com | pueblosdegalicia.com | confidencialgalicia.com |
Todos los derechos reservados
.-E-mail: noticiasgalicia@gpx.es Optimizada para 800 x 600 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad