TRIBUNA ABIERTA
OLLO DE VIDRO| Jorge Emilio Bóveda |

Estrañas imprecisións
Nin diatriba nin dogma; perspectiva.

Di a historia que dende que a Muller e o home pisamos este mundo que nos acubilla se produciron grandes inflexións que nos levaron dunhas idades a outras. Así, na prehistoria, o descubrimento da agricultura e a gandería, co subseguinte sedentarismo, fixo pasar á humanidade do Paleolítico ao Neolítico. A invención da escrita en varias partes da terra fíxonos pasar do Neolítico á idade antiga (sempre teoricamente e a grandísimos rangos). Na idade antiga o ocaso da civilización romana imperialista (um!) nos fixo movernos desa idade antiga a outra chamada idade media, cuxas postrimerías coincidiron co falso pero paradigmático [re]descubrimento de América, que nos meteu na Idade Moderna e, nesta idade, a revolución francesa nos guindou na Idade Contemporánea.

Toda esta liña de tempo grosamente trazada, salpementada de afectos, desafectos, desencontros e encontros (entre outras cousas) nos quere dar un contexto como humanidade, pero da a impresión de que non se queda máis ca nun dogma comparable á ortodoxia de relixión calquera, e hai varias. Pois como pode ser que no ano 2010 do cómputo cristián a práctica totalidade da riqueza mundial se tope concentrada en dúas ducias de cidades e grande parte do resto dos habitantes viva de costas a eses cruciais puntos de inflexión ocorridos durante máis de 3000 anos??? Miremos arredor: o mundo que chamamos occidental se rexe polos mecanismos do sexo e da plusvalía baixo formas políticas que en moitos casos descoñecen os parámetros do ideario ao que pertencen. Hai países sen alfabetizar, que non son quen de soster seus desenvolvementos, que non son responsables do seu destino. Hai países que fan a "revolución francesa" a diario. Caídas de estados. Pobos que tentan determinarse. Imperios, capital, corrupción, desequilibrio.

Escoitar esas clasificacións da existencia humana nos fai sentir unha estraña sensación de incerteza; o froito dunhas interpretacións parciais inexactas, nas que, lamentable e inexorablemente, estamos inmersos e imos cara adiante. Se facemos un exercicio de imaxinación e pensamos como serán interpretados os feitos que nos dan contexto; o maltrato á lingua galega, a xestión económica da España actual, o papel en Europa, os conflictos, etc... probablemente o vexamos do mesmo xeito a como están interpretados os do pasado. Para saír do paso e mal, e en función dos intereses dunha mínima minoría. E este que subscribe vaticina que así seguiremos.



03/05/10

No hay comentarios
©Galicia en PáXinas S.L.
 | gpx.es | noticiasgalicia.com | ViajarGalicia.com | parquenaturalislasatlanticas.com | vinosgallegos.net | golfgalicia.net |
| directoriowebsgallegas.com | pueblosdegalicia.com | confidencialgalicia.com |
Todos los derechos reservados
.-E-mail: noticiasgalicia@gpx.es Optimizada para 800 x 600 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad