TRIBUNA ABIERTA
OLLO DE VIDRO| Jorge Emilio Bóveda |

Fascistabaco

Semella intervencionismo fiscalizante o da lei antitabaco, nun goberno (supostamente) de esquerdas que postula a voz en pescozo as liberdades individuais. Se o espírito progresista consinte eutanasia e aborto (os matrimonios entre persoas do mesmo sexo eran unha necesidade) por que o tabaco non? Por que non consentir que cada un faga coa súa vida o que lle dea a real gana? O non fumador xa sabe onde non ten que ir se non quere tragar fume, sen necesidade de que todos os bares (que lugares!) se convertan en santuarios da saúde e as boas prácticas; espazos libérrimos de fumes. Terminarán por tirar o alcohol tamén por incitación a contaxio etílico ou mímese de condutas bébedas. A este paso...

Se o noso país se caracterizou a exportas (e importas) polo seu número de bares (que lugares!) por metro cadrado, mellor non imaxinarse unha suposta clientela, parada pola crise abafante e fumadora de angustia, sen poder botar un pito. Ás veces semella que os gobernantes se desnortan en medidas de limbo político (nin esquerdas nin dereitas) e sen decatarse buscan o punto por onde os oriúndos do pobo poidamos rebentar. Unha ridiculez máis, sumada á intervención no contido dos contos infantís, pretendidamente sexistas, e a paridade nos membros (e membras) do goberno a puro número de ambos sexos, independentemente das capacidades de cada un.

Abraia, ás veces, este goberno socialista, que lembra con estas medidas terroríficos tempos de represión a carraxe, e onde o intervencionismo ditatorial funcionaba a golpe de dogma. Sendo isto do tabaco o segundo deslucimento "socialista" en pouco tempo tralas medidas (anti)sociais de recorte no funcionariado. Medidas de dereita nun goberno de esquerda convidandonos ao desencanto sobre o desencantamento vixente. Así e todo o dos recortes salariais poderíase agardar con máis ou menos agoiro nun ideario político vermello, pero o do tabaco... o do tabaco non! É, en toda regra, un atentado contra as liberdades individuais. Ou así nolo parece aos que frecuentamos os bares (que lugares!!!).



08/06/10

No hay comentarios
©Galicia en PáXinas S.L.
 | gpx.es | noticiasgalicia.com | ViajarGalicia.com | parquenaturalislasatlanticas.com | vinosgallegos.net | golfgalicia.net |
| directoriowebsgallegas.com | pueblosdegalicia.com | confidencialgalicia.com |
Todos los derechos reservados
.-E-mail: noticiasgalicia@gpx.es Optimizada para 800 x 600 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad