TRIBUNA ABIERTA
OLLO DE VIDRO| Jorge Emilio Bóveda |

Euismo

Aínda que vivamos presos del, todos sabemos que o individualismo é contraproducente. Pero esta era do Facebook e de non falarnos coa familia nin cos veciños indica que nos imos de cabeza polas súas simas (as do individualismo). A eterna desconfianza no próximo; pederasta, violador, maltratador, asasino, mafioso do leste, ou que sei eu, nos empurra aos nosos acubillos e a pechar ben a porta por dentro; a urdir conspiracións mentais na teima de que todo becho vivo co que nos cruzamos está sobre a terra para mancarnos, ferirnos, facernos todo o mal posible. Sufrimento, desacougo, crime.

De nenos (entre os anos setenta e oitenta) íamos solos ao colexio, ao quiosco, a mercarlle o xornal ao papá, a mercar o sobre sorpresa á señora das larpeiradas. Xogabamos ao fútbol na rúa e parabamos de xogar cando pasaba algún coche, para retomar o xogo unha vez pasado. Ás escondedelas urbanas, polis e cacos... Está claro que os tempos cambiaron, adultizamos precozmente aos nosos rapaces e rapazas, que, por outra banda, teñen acceso a todo; unha inxente bola de información e contidos, nos que se descobren crimes e outras prácticas que, de seguro, hai anos pasarían anónimas. O exceso de información banaliza nosos valores.

Hoxe podemos testemuñar os horrores acugulados do pasado, toda sorte de xenocidios, crimes e outras barbaridades, que fan en nós ­aínda que sexa inconscientemente- un pouso de suspicacia que nos fai tender ao individualismo de auriculares, ipod, internet, televisión á carta, o Express, automatismos, máquinas expendedoras de todo (ate de bicho da pesca), ikea, fágao vostede propio. Abandono dos pobos. Máis xente nas cidades por metro cadrado. Modelos de consumo establecidos, cobiza e temores.

Os xornais e os outros medios non nolo poñen doado (iso que ás veces contan medias verdades e falsean a información), pero debemos concederlle á terra onde pousamos os pés e á sociedade que nos envolve unha marxe de confianza. Ben o merece, aínda que so sexa polo ben de todos.



14/06/10

No hay comentarios
©Galicia en PáXinas S.L.
 | gpx.es | noticiasgalicia.com | ViajarGalicia.com | parquenaturalislasatlanticas.com | vinosgallegos.net | golfgalicia.net |
| directoriowebsgallegas.com | pueblosdegalicia.com | confidencialgalicia.com |
Todos los derechos reservados
.-E-mail: noticiasgalicia@gpx.es Optimizada para 800 x 600 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad