TRIBUNA ABIERTA
OLLO DE VIDRO| Jorge Emilio Bóveda |

Abouxar a sensación

Aplicando métodos propios hai anos da ciencia ficción tíranse hoxe os mineiros atrapados en chile a unha morea de metros de profundidade; traballadores con condicións de traballo propias da época vitoriana coa súa escravitude, e dáselle cobertura mediática de artistas extraordinarios, cando non son outra cousa que o paradigma da supervivencia. Sendo as verbas do segundo rescatado unha lección para moitos dos que quedan só coa parte sensacionalista do rescate, que dixo que non querían ser tratados como estrelas, senón coma xente traballadora abnegada á mina, nun afán loable e comprensible de conservar seus postos de traballo. Demostrando que só queren traballar e non facer de Belén Estéban.

Pero neste mundo, como xa comentaramos nalgún outro artigo, prima máis o sensacionalista, a imaxe inmediata, o morbo de estar soterrado unha morea de días e verse agora libres, a "sensación" de seren as vítimas dun soterramento prematuro moi ao fío dunha desas narracións de Poe que tanta "sensación" causaron, que o verdadeira perspectiva da información. E non serven esas explicacións ousadas que din que Sudamérica é televisivamente morbosa porque fai un show á mínima, porque hai unha incultura estendida, porque a desigualdade de oportunidades bota ás persoas e consumir televisión, que é barata, porque non se consegue consolidar a clase media, etc. Pois os contidos sensacionalistas véndense por todo o mundo, Europa completa incluída.

Que sentía vostede ao sospeitar por riba da cabeza o peso de mais de setecentos metros cúbicos de terra?
Pois mágoa, de seguro, ao sospeitar o tratamento futuro da situación vivida. Pero, no canto de abouxar o sensacionalismo inerte, a sensiblería con violíns de fondo, e o melodrama real barato, abouxamos ao presidente do goberno nos actos do 12 de outubro, que inda que o mereza e algún apele á liberdade de expresión, non foi o lugar correcto nin os xestos adecuados, pois pola miña liberdade de expresión non adoito cantar nos funerais das persoas que en vida non me caeron ben. Pero non abouxamos o amarelo porque nos adurmiña e quizais nos convén seguir adurmiñados.

13/10/10

No hay comentarios
©Galicia en PáXinas S.L.
 | gpx.es | noticiasgalicia.com | ViajarGalicia.com | parquenaturalislasatlanticas.com | vinosgallegos.net | golfgalicia.net |
| directoriowebsgallegas.com | pueblosdegalicia.com | confidencialgalicia.com |
Todos los derechos reservados
.-E-mail: noticiasgalicia@gpx.es Optimizada para 800 x 600 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad