jueves 25 de junio de 2009

Hai que ter pedigrí

Fai uns días escoitei unha conversa que, quenes a sostiñan coido que son persoas nada sospeitosas de que sean mentireiras. E como me chamou tanto atención, foi por elo que puxen a orella moi pendente a escoita. Recoñezo que non é norma de boa educación, pero a conversa era de tanto interese, que pido desculpas polo feito, os que a falaban esa conversa.

O asunto referíase a ese suposto Foro Popular de Sanxenxo, que parece que nieguen sabe del, pero sábese moito máis do que se di, e tanto os concelleiros do 1999, como os de hoxe saben moi do que esta pasando, segundo din.

O Foro, seica está formado, ou mellor, encabezado por algúns concelleiros resentidos cos que dirixen o PP de hoxe, e outros que xa foron e non os deixaron repetir, sobor de todo en postos de saída ou con pretensións de alcalde, deputado, o mesmo que outro que estaba acostumado a facer no concello o que lle viña en gaña con outros alcaldes, e falaron de certo persoal de dentro do concello. Nunha palabra, a coñecida pola “irmandade do cabreo”, e non dos caladitos, ou tamén dos “aproveitados”, todo para min, nada para vos.

Nel, ou sexa no Foro, coido eu que este nome non está moi ben, pois entenderíase mellor “Fora do Popular de Sanxenxo”, xa que non tendo maís que militancia, e algúns xa pasaron por outros partidos coma o socialista, pois é dos que busca o sol que maís lle quenta, e outros que perderon certa forza de acción no concello, queren por medio do congreso do PP Sanxenxino, coller o poder no mesmo, o cal e xusto e razoable, sempre que sexa por medios legais, e se pense no concello en xeral e nos veciños, non indo en son de vinganza, nin para desfacer o que está feito, e menos facelo por detrás, sen dala cara. Ese non consiguen o dominio do PP, poida que se presenten co nome que teñen do Foro, deica ala xa se verá.

O que coñecen como o “can grande” e o “achanza lombos”, parece que son os principias dirixentes, co “serra pinos” tamén. Nese Foro Popular de Sanxenxo, no cal si queres entrar, tes que ter PEDIGRÍ, segundo din. Non estraña, si un dirixente é un “can grande”, e é de raza, non se sabe de cal, pero…

Ver más artículos de Xan da Cancela