|
Falta
a canastilla
O
señor Zapatero, presidente do Goberno, cando no Parladoiro, lugar,
coido non axeitado para facer unha "soflama", como se
fose nun mitin, dicindo aquilo de que, cada familia percibiría 2.500
Euros, quenes tiveran un neno recen nacido. Despois xa se falou
que, tiña que ser nacido a partires do día tres de Xuño. Está moi
ben, os que tiveron a "desgracia" de nacer antes de ese
día, os pais quedan sen o paquete de pañales que puideran mercar
con eses cartos. Claro que a cabalo regalado non se lle mira o dente,
como di o refrán. Inda que sexan moitas as queixas sobre diso, pois
os pais din que non chega a nada. ¿Agardarían que lle deran esa
cantidade tódolos meses ata, que foran a escola?
Este diñeiro que o presidente ofreceu, seica inda andan por Bruselas,
a ver de onde o atopan, pero po-lo de pronto, xa teñen que apuntarse
para cando chegue non quedar sen el. Isto máis parece unha axuda
electoral en votos para Zapatero e o partido socialista, que axuda
os pais que lle nace un fillo despois dese día, xa que os outros
nenos dende xaneiro para acá que se fŠ Claro que en Galiza o goberno
síntese moito máis xeneroso e lles compensa con outra cantidade
máis espléndida, e que outras nacións de España, quéixanse ós seus
gobernos por non facer como Galiza. Nembargante a ninguén se lle
ocorreu darlles a canastilla con roupa para o nacido. Seica como
elo se facía nos tempos de Franco, non quixeron imitalo, o mesmo
que as 3000 mil pesetas por casarse, segundo contan.
Dende logo, o folión ese do efecto chamada, non só foi para as persoas
que nos chegan de calquera curruncho do Mundo, e que moitos morren
sen conseguir chegar, por desgracia, e por non haber feito as cousas
ben, os gobernantes dunha banda e doutra, cando esto comezou. Pero
as desgracias nunca veñen soas, xa que ese efecto chamada, tamén
acontece cos animais e insectos, como son os casos das cotorras
arxentinas que escoñan as colleitas dos labregos, e os mosquitos
tigre, que atacan sen piedade cas súas picadoras, as persoas que
xa non poden máis, e non saben como facer. Grilos que non se sabe
se son españois ou de dende, o caso e que non deixan durmir e teñen
que pechar portas e fiestras. E que dicir da praga dos ratos do
campo, que teñen que andar os agricultores a paus con eles. ¿Qué
máis fará o efecto chamada, neste país de acollida e de Alianza
de Civilizacións, do presidente Zapatero?
24/07/07
 |
|