| Envio de titulares | Agregar a favoritos | |
TRIBUNA ABIERTA
| Xan da Cancela |

Coidadiño, coidadiño ca (SGAE)

De verdade, eu non sabia que eran esas letras ata que fun a unha desas tendas que venden cousas de computadoras ou ordenadores. O conto foi, xa fai un tempo que, polos anos o servizo a democracia, puxéronme nun organismo público unha medalla, que cando ma colgaron do pescozo, co pesada que era, casi fun de fociños o chan. Eu tiña moitos retratos de ese acontecemento, e meu fillo e un amigo, quixeron poñer os retratos nun deses CD ou DVD, que así quedaba moito mellor como recordo.

Pois ben, achegueime a esa tenda para comprar os discos eses, e foi onde me enterei do que eran as letras esas, e doutras cousas que me contou a tendeira. Resulta que eso é a Sociedad General de Autores e Editores, ou sexa, a quen hai que pagarlle por cantar inda que sexa a Párrala, con tal de que sexa nunha festa.

Me contou que, unha revista na que un escritor dixo deles ("desaprensivos piratas") que se dedican a "chupar· el arte ·y chuparle la sangre en nombre de la gestión y la propiedad intelectual" e outras cousas. Sin mais nin menos, demadaronos no xulgado, por ofensas a honra. Segundo a tendeira, eles cásanse de dicir a palabra "piratas" "piratear", discos, películas, do conto ese de internet, a quen o fan e a quen non. Caso como meu, pois cóbranme un imposto, xa teño medo a decir "revolucionario" por cada disco ou CD, DVD, como lle chaman, pois eu ¿debo ser un pirata en potencia? o comprar os discos, inda que non teña computadora para sacar a musica ou as películas. Eu Pregunto dúas cousas, ¿si me cobran nos discos, eu podo baixar, como din eles, calquera película ou musica sin ser multado, xa que paguei a tasa? ¿Si compro un paquete de follas de escribir, tamén teño que pagar un imposto?, pois pódome poñer a escribir o Quijote ou o libro de Ramoncin, ese que din que canta.

Pero co gallo do acontecemento, pensaba ter unha xuntanza de amigos e familiares, no xardin da miña casa, e como todos somos maiorciños, poñer uns discos antigos, daqueles de vinilo, que eran de meu pai, que un tiña gardados como ouro en pano, como aquel de "os ollos da española", que cantaba un cantante hindú, e poñelos no gramófono antigo que inda funciona. Dixéronme que tivese coidado que, si se enteraban estes da SGAE, tiña que par un imposto. ¡Fíxense como estamos, teñan coidado, que vamos a pagar por falar!

¡Estamoche apañados! Eu son pirata sin sabelo, por comprar uns DVDs para que me quede un recordo dos retratos da pesada medalla, que recibín con moita honra. E xa teño medo de contalo non vaia a ser o demo que me fagan pagar. ¡Cantos viven a conta doutros! ¡Ou mantelos, ou "matalos"!, como di o refrán.

24/09/07

No hay comentarios
©Galicia en PáXinas S.L.
 | gpx.es | noticiasgalicia.com | ViajarGalicia.com | parquenaturalislasatlanticas.com | vinosgallegos.net | golfgalicia.net |
| directoriowebsgallegas.com | pueblosdegalicia.com | confidencialgalicia.com |
Todos los derechos reservados
.-E-mail: noticiasgalicia@gpx.es Optimizada para 800 x 600 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad