| Envio de titulares | Agregar a favoritos | |
TRIBUNA ABIERTA
| Xan da Cancela |

Fai coma todos, filla

Recordo cando tiña un amigo alcalde, que sempre lle diciamos, que fas ahí, aprovéitate mentres podes, pois virán outros que gastaran o que ti aforras. E así pasou. El ríase e dicía, si me aproveito como decides, sácovolo a vos, que sondes os que pagades. ¡Que razón tiña! ¡Pero nos tamén! Esto ven a conto do que sigue sucedendo e cada vez mais na política de hoxe.

As mulleres con cargos do PSOE, pero con cargos importantes, teñen unha ansia de probar todo aquelo que é público, coma si fose propiedade déles. Un queda ca boca aberta cando se entera.

Xa non é o presidente, se non as ministras que viaxan en avións ou helicópteros, das Forzas Armadas, para ir a cousas persoais ou do partido. A todos e todas, debeulles quedar na cachola, cando Alfonso Guerra colleu aquel avión na fronteira portuguesa e Huelva, para chegar os toros. E mais recente Bono, para ir a sua casa.

Pois a raíz daquelo, temos as ministras, que unha pide un helicóptero por que lle picou seica un insecto, e necesitou un anti-hestamínico. A outra que foi a dar unha conferencia e foi nese "paxaro" que xa dixemos, pero houbo que sacar dúas farolas para que se pousase na plaza do pobo onde tiña que falar. Outras foron en avión de paseo a África a danzar coas negras os ritmos daquela terra, outras a América. O único que non se sabe e se alguén do Goberno colleu un tanque leopardo, por culpa do trafico de Madrid.
Pois ben, as conselleiras non iban a ser menos, e digo menos, sendo do PSOE, de non ter beneficios do cargo.

De todas maneiras a xente é moi mal pensada, pois esa forma de encher a piscina da casa donde pasaba o verán dona María Xosé Caride conselleira de Política Territorial, tiña dous obxectivos, un o poder bañarse e nadar para estar en forma para cando escomenzara a temporada de traballo, e outra por se había algún lume pola zoa, ter os helicópteros donde abastecerse de auga para apagar o fogo. O único que non esta ben, se o vemos so dun punto de vista como o de bañarse é que nese chalé de Camariñas, deixase que o camión de bombeiros fixese non sei cantos viaxes para enchela piscina privada. Podíase facer con un camión cisterna dos que hay para esto, e non utilizar os servicios públicos como se fosen patrimonio.

08/10/07

No hay comentarios
©Galicia en PáXinas S.L.
 | gpx.es | noticiasgalicia.com | ViajarGalicia.com | parquenaturalislasatlanticas.com | vinosgallegos.net | golfgalicia.net |
| directoriowebsgallegas.com | pueblosdegalicia.com | confidencialgalicia.com |
Todos los derechos reservados
.-E-mail: noticiasgalicia@gpx.es Optimizada para 800 x 600 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad