| Envio de titulares | Agregar a favoritos | |
TRIBUNA ABIERTA
| Xan da Cancela |

¡Non te deitarán sin saber unha cousa mais!

Algúns da esquerda, cando chegan a ter pequenos cargos políticos son do que non hay. Non saben o que din, nin o que son as normas cortesía ou de protocolo, como se sole decir, que teñen que cumprir, cando se está nun cargo publico. Se un se pon a ollar os xornais, atopase con cada cousa que da risa de ver quen temos nos concellos e outros postos mais arriba.

Un cidadán da idea que sexa, fai o que lle da a gana, cando ten que ir a un acto relixioso, político festeiro ou do que sexa, pero alguén que esta na política local, rexional ou nacional, gústelle ou non, o acto o que ten que ir, vaia ou non cas súas ideas, ten que pensar, primeiro, por qué él está alí en representación política co réxime que hai, segundo, cales son as ordes do partido e terceiro, que é o que fan os seus grandes xefes políticos en acontecementos como eses. Pois si él non se topa a gusto neses actos, e se en conciencia considera que él é contrario a elo, debe deixar o posto ou cargo; e seguir ca súa idea como cidadán normal, pero sen cargo representativo. Así, demostra que non é político, nin ten diplomacia para estar o frente dun partido que se tilda de democrático.

Ven esto a conto, co acontecido cos Príncipes de España en Vilagarcía e ca postura que tomou un rapaz novo, e coido que novo tamén en política, apostaría que seu pai no faria o que el fixo. Como representante de IU debera estar nos actos que lle ofreceu o pobo e o Concello a doña Leticia e don Felipe. Como se sole decir, "o cortes non quita o valente" apreciable Fajardo.

¿Nunca veu o señor Llamazares en actos rexios, e antes o señor Anguita?, pois coido que eles teñen de monárquicos o mesmo que eu de Bispo.

Pero ahí no queda todo o de esta xente de esquerdas. Lendo tamén, atopo que o BNG, critica que é oprobioso que o xerente da Fundación da Cidade da Cultura sexa biólogo, e esquece que a conselleira de Cultura ten a mesma titulación. O PSdeG, tamén fai das súas, alporizase que o antigo director financeiro da cousa sexa economista, pero non dice nada de que o que hoxe hai só é mestre.

Eche ben certo aquello de que "pola boca morre o peixe".

29/10/07

No hay comentarios
©Galicia en PáXinas S.L.
 | gpx.es | noticiasgalicia.com | ViajarGalicia.com | parquenaturalislasatlanticas.com | vinosgallegos.net | golfgalicia.net |
| directoriowebsgallegas.com | pueblosdegalicia.com | confidencialgalicia.com |
Todos los derechos reservados
.-E-mail: noticiasgalicia@gpx.es Optimizada para 800 x 600 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad