|
Tradicións
Estamos
nun tempo que se fala de non peder as tradicións antigas e costumes
dos nosos pobos, xa que a xente nova coida que o leite sae dos cartóns
ou botellas. Ensearlles como se fai o pan, a poder ser de millo
e todo que sexa do campo e da naturaza, sempre será bo pos nenos
e nenas. Eu vexo moi ben, todo que se lle poida enseñar os rapaces
para que sepan como eran as diversións ou xogos dos rapaces de antes,
de cando só se tiña unha vexiga de porco ou unha pelota de trapo
para xogar o fútbol. O xogo das chapas, pelouros, trompo, pateiro,
churra monta la burra, tres en raya; as nenas o catiz, saltar a
corda etc. etc. Hoxe xa só son espertos cos ordenadores e o resto
de maquinas coma a playstation (video consola) ou outras como teléfonos
móviles con xogos.
Todo elo vexo de maravilla, pero xa non me parece tamben, non porque
se ge enseñe, se non polos que enseñan, que se están aproveitando
de ganar cartos se son amigos dos que gobernen, xa que as enseñanzas
de teatro, pandereteiras, bordar, ganchillar, calcetar e máis, debían
ser cousas da propia escola como eran antes, na clase de labores
ou traballos manuais.
Pero esto tampouco me da noxo, sí mo da, o que unha tradición de
toda vida e que tódolos rapaces faciamos, como era taparnos acara
e poñer farrapos vellos, para ir polas casas pedindo polos difuntitos,
se transforme nun carnaval imitando o Halloween anglosaxon, con
pintas de bruxas e demos osarios facendo unha carnavalada, porque
os pais modernos xa non fixeron eso antiguo e copian para que os
seus fillos vaian como verdadeiros figurins e asta os calacús transformáronse
de plástico. Que lle conten da Santa Compaña ou procesión de Ánimas,
e do Trasno. Creencias moi afincadas antes.
Hay mestres que ahora colléronlle moito gusto a estas cousas e dinlle
os rapaces que o día dos difuntos, chamase de Samaín (nome gaélico)
dos pobos Celtas que existiron en Europa. Que ge enseñen historia
esta ben, pero si queren seguir con tradición que sigan coas nosas
de cada pobo, e non con carnavaladas, que para eso xa ai o seu día.
Todo copiando do estranxeiro, non pode ser cousa de tradición nosa.
05/11/07
 |
|